Interface dun curso

Unha vez que se accede á plataforma pinchando sobre o título de calquera curso dispoñible ábrese o mesmo aparecendo na pantalla a documentación, actividades e demáis elementos de comunicación que o profesor ou titor do curso pon a disposición do alumno.

Partes esquematicas dun curso

En calquera curso pódense distinguir (imaxe anterior) claramente 4 zonas:
- cabeceira,
- columna central

- columnas esqueda e dereita
- pé de páxina.

Cabeceira

Elementos da cabeceira

Elementos que conten a cabeceira:

  • Nome do curso
  • A identificación do usuario, con un hipervínculo ao perfil persoal
  • Saír, enlace co que se pecha a sesión traballo. Recoméndase pechar a sesión para evitar deixar sesións abertas no servidor que poideran ser empregadas por outro usuario.
  • Barra de navegación, na parte dereita da barra aparece un menú que ofrece diferentes opcións de visualización do curso ( Mudar o papel a....) e un botón que permite editalo ( Activar edición). Estas dúas opcións soamente son visibles para usuarios con permisos suficientes. Na parte esqueda da barra aparece visible a ruta de localización no curso da pantalla que se está a visualizar en cada momento. Está ruta está descrita polos nomes cortos dos sitios que fucionan como enlaces con fin de facilitar a navegación.

Cando temos en pantalla unha actividade ou recurso dun curso a cabeceira do mesmo adopta a seguinte forma:

Cabeceira cando se selecciona unha actividade ou recurso

Aparece unha lista despregable que contén todas as actividades ou recursos que se poden visitar. Na parte dereita e esqueda do despregable amósanse uns botóns que permiten ir pasando de un recurso ao seguinte ou ao anterior.

Columna central

Contén os elementos propios do curso: recursos e actividades que poden ser visibles ou non, asociados en bloques ou módulos.

Todos estes recursos ou actividades aparecen identificados por un nome e unha icona que indica o tipo de recurso do que se trata.

Columnas a esquerda e dereita

En ambas columnas sitúanse os bloques que o alumno ten a sua disposición no curso: Persoas, Usuarios en liña, Cursos, Administrador ( con posiblidades diferentes para os alumnos e profesores ) , Novidades, Actividades, Calendario, Próximos eventos, Resultados do exame.....

Nin o número nin a ubicación dos bloques é fixa para todos os cursos, podendo elixir o usuario con permisos de edición o número e posición dos bloques que quere amosar en cada curso.

Os módulos dispoñibles para calquera curso son os bloques activados na configuración global do moodle ( ruta: Administración do sitio > Módulos > Bloques ).

Pé de páxina

Pé de páxina

O pé de páxina mostra:

  • Un enlace para ir a documentos de axuda do sitio Moodle, relacionados co elemento visible na pantalla.
  • Nome de usuario e un enlace ao seu perfil.
  • Enlace para saír e pechar a sesión.
  • Vínculo para regresar ao nivel anterior ao da información que actualmente se mostra en pantalla

Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM