Exemplo de Tarefa

Para a creación dunha tarefa seleccionaremos no despregable de Engadir unha actividade... a opción Tarefa.

Dentro das tarefas, podemos atopar diferentes tipos. Para a realización desta práctica empregaremos o tipo de tarefa de Actualización dun só ficheiro.

Tarefa: actualización dun só ficheiro

Dentro do páxina do formulario de creación da tarefa indicaremos o Nome e Descrición da mesma así como as opcións de configuración desexadas, entre as que destacamos as seguintes:

  • Cualificación
  • Datas de dispoñibilidade
  • Permitir enviar de novo
  • Alertas de correo electrónico para profesores
  • Tamaño máximo dos ficheiros que poden subir os estudantes

Formulario de creación

Finalmente prememos sobre o botón Gardar e continuar para comprobar como queda a tarefa.

Unha vez que os nosos alumnos envíen as súas tarefas, poderemos acceder a elas desde a esquina superior dereita onde aparece a modo de enlace o número de tarefas remitidas.

Tarefa creada

Premendo no enlace anterior poderemos observar o listado dos alumnos que temos no curso e o estado das súas tarefas.

Envíos das tarefas

Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM