FlashVideo
Flash Video
Os contidos dun curso non só limítanse aos creados mediante os editores de Moodle.
O profesor pode enlazar recursos multimedia como un vídeos.
O formato do vídeo debe ser vídeo flash (extensión flv)
O tamaño máximo do arquivo depende dos límites establecidos polo administrador para a plataforma. En xeral recomendamos non poñer vídeos excesivamente pesados nin demaisado longos.
Para poder enlazar o vídeo subirémolo á zona de aloxamento de arquivos do curso.
Os arquivos flv mostraranse utilizando o reprodutor incorporado.
Cando agregamos ou editamos un recurso deste tipo móstrase un formulario similar ao da seguinte imaxe:
Onde debemos indicar os seguintes campos:
Xeral
- Título do vídeo: nome descritivo
- Introdución do vídeo: escribir un pequeno paragrafo de introdución
- Tipo de vídeo: empregaremos a opción "Upload File", e así indicar que imos a subir o arquivo ao servidor
- Nome do Vídeo fóra de liña: deixar baleiro (no momento en que subamos o arquivo encherase coa ruta interna do arquivo flv
Premer no botón "Escoller ou cargar un ficheiro..." para acceder ao navegador de arquivos do moodle que nos permitirá subir ou cargar o vídeo e escollelo para reproducir unha vez subido.
Unha vez subido o vídeo escollemos o ficheiro e automaticamente voltará ao formulario de configuración da actividade e o campo de nome do vídeo fora de liña aparecerá debidamente cuberto coa url interna do arquivo.
Axustes do reprodutor
- Activar inicio automático: marcar NO para que o vídeo non se preproduza automaticamente
- Activar repetición: marcar NO para evitar que o vídeo se reproduza constantemente
- Tamaño do Buffer: no que poderemos especificar o tamaño do buffer.
- Ancho máximo do vídeo: será o ancho da xanela na que se amosará o vídeo. Por defecto recollerá o ancho (en píxeles) do arquivo orixinal pero o valor é modificable.
- Altura máxima do vídeo: será o alto da xanela na que se amosará o vídeo. Por defecto recollerá a altura (en píxeles) do arquivo orixinal pero o valor é modificable.
- Modo de escalado inicial: presentanos as diferentes posibilidades sobre o escalado da imaxe do vídeo dentro da xanela anterior.
Fit both Height & Width: axusta o vídeo á xanela en ancho e alto (ambos)
Stretch: estiramento (adaptará o vídeo ao ancho da xanela)
Original Dimensions: amosará o vídeo nas dimensións orixinais do arquivo
Fill Proportionally: encherá proporcionalmente a xanela co vídeo.
- Modo de grupo: Sen grupos, grupos visibles e grupos separados.
- Visible: permítenos decidir se a actividade será visible para os estudantes ou non.