Libro
Libro
Ruta: activar o modo de edición e na páxina principal do tema ou sección abrir o despregable Engadir un recurso... > Libro
O módulo libro, creado por Petr Škoda, facilita a elaboración de materiais sinxelos compostos por múltiples páxinas, semellante a un libro tradicional, e pódese empregar para engadir páxinas web con estrutura de libro dentro de noso curso.
Na zona lateral esquerda se amosa un índice dos capítulos e subcapítulos cos vínculos correspondnetes. Pódense crear como moito subcapítulos de nivel 1, pero non admite mais subniveis o que as veces pode representar un inconvite á hora de estruturar o contido.
A gran vantaxe deste tipo de recurso é que incorpora un módulo de impresión que permite tanto a impresión do libro completo como por capítulo.
O módulo libro non é interactivo aínda que ten a posibilidade de enlazar consultas, foros etc, dende o libro, así como incluír obxectos multimedia como películas Flash.
Crear un novo libro
Pasos a seguir:
-
Como profesor o administrador, ir á páxina principal do curso.
-
Se a edición está desactivada pulsar en Activar edición.
-
Decidir en que tema ou sección desexamos engadir o recurso Libro
-
Facer clic en "Engadir recurso.." e despois en "Libro IMS"
-
Encher o formulario indicando o nome e resumo do recurso.
-
Indique o xeito no que quere numerar os capítulos (Nada, Numérica, viñetas ou Identidade)
-
Desactive a opción de impresión se mnon lle interesa
-
Decida se quere que en cada capítulo e subcapítulo se amosen os títulos establecidos.
-
Configure as opcións de visibilidade xerais para calquera recurso (grupos, visibilidade)
-
Garde as modificacións feitas. Poderá editalas de novo en calquera momento.
Engadir novos Capítulos e subcapítulos
Ao premer sobre o libro e se amosará unha xanela coa táboa de contido do libro na columna da esquerda (oíndice se amosa con enl,aces aos capítulos e subtítulos existentes) e o contido da páxina pola que estea aberto na zona da dereita.
Podemos engadir novos capítulos e subcapítulos, para elo basta simplemente premer sobre o botón + que se amosa ao lado de cada capítulo. para indicar que é un subcapítulo basta con marcar a casiña correspondente.
Tamén se pode editar cada capítulo e subcapítulo, modificar a estrutura establecida e editar o libro.
Dipoñemos tamén das opción de imprimir todo o libro ou dun capítulo determinado, en calquera caso o amosa como páxina web para impresión.
Tamén podemos empaquetar todo o libro e descargalo en zip. Isto será útil para exportar o libro a outros cursos ou a outras plataformas.
Importante
-
O libro non debe ter un grande número de páxinas.
Suxerencias
-
Podemos importar os contidos do libro de páxinas HTML.
-
Podemos imprimir o contido do libro.
-
Podemos empregar o libro para rexistrar en cada páxina algunha actividade periódica (reunións, titoría, xornada, etc.)