Editor HTML

O editor de texto HTML proporciona unha interface moi parecida á dun procesador de textos para xerar de forma cómoda o código HTML correspondente aos elementos inseridos xunto ao texto (imaxes, táboas, caracteres especiais...).

Editor

Na seguinta táboa preséntase brevemente a funcionalidade dos botóns deste editor:

Tipo de fonte

Seleccionar o tipo de fonte.
Tamaño
Seleccionar o tamaño da fonte.
Estilo
Seleccionar o estilo.
Idioma
Elixir o idioma.
Formatos
Aplicar formatos ao texto previamente seleccionado: grosa, cursiva, subliñado e riscado.
SuperÍndices e subíndices
Poñer subíndices e superíndices.
Limpar desde Word
Limpar o código HTML de Word. Serve para cando temos copiado texto desde Word e queremos eliminar as etiquetas (tags) innecesarias.
Desfacer e refacer
Desfacer e refacer.
Xustificación
Opcións de xustificación do texto: esquerda, centrado, dereita e xustificado.
Dirección do texto
Dirección do texto, de esquerda a dereita e de dereita a esquerda. Pódese empregar naqueles idiomas nos que se escribe de dereita a esquerda.
Listas
Crear listas numeradas e listas con viñetas.
Sangrías
Aplicar sangrías á esquerda e á dereita.
Cores
Paleta de coresCambiar a cor do texto e a cor do fondo. Estes botóns activas a paleta de cores nunha nova xanela. Abonda con premer co rato a cor desexada ou escribir o seu código no cadro de texto que se amosa.
Liña separadora
Trazar liñas separadoras
Áncora
Crear áncoras. Serve para establecer enlaces entre diferentes puntos da mesma páxina. Emprégase en combinación cos hipervínculos.
Enlaces Web
Inserir e romper un enlace Web. Máis adiante o veremos con máis detalle.
Enlace ao glosario
Anula un enlace ao glosario. Emprégase para evitar a repetición excesiva de enlaces con palabras enlazadas ao glosario e aos enlaces non desexados.
Imaxe
Inserir unha imaxe. Explícase máis adiante en detalle.
Táboa
Inserir unha táboa. Explícase máis adiante en detalle.
Emoticóns
Cadro de emoticónsInserir emoticóns. Este botón abre unha xanela cun surtido de emoticóns para seleccionar. Estes elementos son moi útiles para indicar o tono dunha expresión e permitir expresar unha gran variedade de matices para o texto. Podemos escribir as formas textuais dos emoticóns e o editor convertiraas de xeito automático.
Símbolos
Panel de símbolosInserir caracteres especiais. Este botón abre uha xanela cun xogo de caracteres que estemos a empregar nese momento no noso navegador.
Buscar e reemprazar
Busca e reemprazo de texto.
HTML
Engadir etiquetas ou marcas HTML.
Agrandar e disminuir
Agrandar ou disminuir o editor.

Inserir enlaces.

Para inserir un enlace hai que seleccionar previamente o texto e despois premer no botón de Inserir ligazón Web Inserir ligazón Web dispoñible na barra de ferramentas do editor. Despois, na xanela que se abre, podemos teclear ou pegar a URL (enderezo Web) da páxina á que desexamos apuntar, o Título ou texto alternativo que aparecerá ao poñer o punteiro do rato sobre o enlace e o marco de destino (nova xanela, mesmo marco, mesma xanela...)

Inserir ligazón

Adamais de enlazar a páxinas Web externas, tamén podemos vincular recursos HTML internos, é dicir, localizados no propio servidor Moodle. Para isto, empregaremos o botón Explorar... para abir o xestor de arquivos e procurar o ficheiro desexado.

Outra posibilidade é enlazar a algún lugar da mesma páxina que estamos editando. Neste caso, é necesario crear previamente unha áncora que fará de destino do hipervínculo e, a continuación, seleccionar dito anclaxe na lista despregable de Áncoras da xanela de Inserir ligazóns.

Inserir unha imaxe.

É importante ter en conta que cando inserimos unha imaxe nun documento Web, esta imaxe realmente non se insire, senón que o que realmente se insire é un enlace ao arquivo de imaxe. Este arquivo debe subirse previamnete ao servidor Moodle. Por iso, cando pulsamos sobre o botón Inserir imaxe ábrese unha xanela que amosa o contido da carpeta do curso onde se atopan tódolos arquivos subidos ata o momento e permite subir novos arquivos.

Inserir imaxe

Si a imaxe que queremos inserir se atopa no servidor tan só teremos que selecionala na xanela da esquerda, Explorador de ficheiro. Unha vista previa aparecerá na xanela da dereita, Previsualizar, e tamén se amosará nos cadros de Largura e Altura as súas dimensións (estes valores poden modificarse, pero corremos o risco de deformar a imaxe se non mantemos as proporcións).

Si a imaxe non está cargada no servidor, premeremos sobre o botón Examinar... para localizar o arquivo no noso equipo e posteriormente premeremos sobre o botón Cargar para subila ao servidor.

Opcionalmente, podemos definir como interactuará a imaxe co texto seleccionando unha opción na lista despragable Aliñamento, inserir un recadro ao redar da imaxe indicando o grosor do borde no cadro de texto Largura do bordo e axustar a separación entre o texto e a imaxe, escribindo a separación nos cador de texto Horizontal e Vertical.

Unha vez realizados tódolos axustes, premeremos sobre o botón Aceptar para inserir a imaxe no documento.

Inserir unha táboa.

Ao premer no botón Inserir táboa da barra de ferramentas do editor HTML, ábrese unha xanela onde podemos especificar os parámetros da nova táboa: número de filas e de columnas, a largura total da táboa, medida en porcentaxe da xanela ou en píxeles. Un pouco máis abaixo, podemos establecer a aliñación da táboa no documento, a largura do bordo e os espazamento interno ou a separación entre filas e columnas.

Inserir táboa

Non é doado o traballo con táboas no editor HTML, especialmente si estamos acostumbrados a deseñalas cun procesador de textos. É moi importante deseñala ben desde o principio xa que é un pouco complicado reestruturar unha táboa xa inserida. En calquera caso, cando traballemos con táboas é moi convinte agrandar o espazo do editor premendo sobre o botón Aumentar o editor. Deste xeito amosaránse novos botóns que facilitan en certa medida a edición das táboas.

Barra de ferramentas para táboas

A continuación describimos brevemente cada un dos botóns da barra de ferramentas para táboas.

 

Propiedades da táboa
Propiedades da táboa.
Propiedades da fila
Propiedades da fila.
Engadir fila por ribaEngadir fila por abaixo
Engadir unha fila por riba ou por debaixo da seleccionada.
Borrar fila
Borrar a fila seleccionada.
Dividir a fila
Dividir a fila.
Engadir columna á esquerdaEngadir columna á dereita
Engadir columna á esquerda ou á dereita da seleccionada.
Eliminar a columna seleccionada
Eliminar a columna seleccionada.
Dividir a columna
Dividir a columna.
Propiedades da celda seleccionada
Propiedades da celda seleccionada.
Engadir celda enribaEngadir celda abaixo
Engadir unha celda enriba ou debaixo da actual.
Eliminar celda
Eliminar celda.
Combinar celdas
Combinar celdas.
Dividir a celda
Dividar á celda.


Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM