** Reflexións sobre os diferentes modelos de paneis de novas **
Tableiro de anuncios do centro II. Reflexións sobre os diferentes modelos de paneis de novas
No tema anterior ensimos tres métodos diferentes para a elaboración dun taboleiro de novas no centro. Inos a analizar os pros e contras de cada un.
- Método I: empregando un código html (etiqueta <marquee>) proporcionado por un centro colaborador elaborouse un taboleiro de novas deslizante que admite tanto texto como enlaces, imaxes etc.
O que nos gusta:
- resulta vistoso xa que aporta movementeo á páxina
- aporta un xeito diferente é orixinal de amosar as novas
O que non nos gusta:
- Cando na páxina hai outro tipo de obxectos vistosos e con movemento (por exemplo animacións flash) o impacto visual pode chegar a ser cansino e recargado (depende dos gustos de cada quen)
- Require coñecemnto de código html tanto para a súa elaboración como mantemento (non accesible para tódolos centros)
- Non se actualiza automáticamente
- Non está pensado para traballo colaborativo. Require a intervención do administrador para a modificación e actualización do seu contido. O administrador ten que editar e modificar o contido cada vez que quere engadir unha nova ou eliminar unha xa caducada no tempo. Isto impide a posible traballo colaborativo entre os diferentes usuarios da páxina creadores de contido e sobrecarga a labor do administrador.
- Método II: elaboración dun panel de novas empregando as orixes RSS e o agregador de novas
O que nos gusta:
- Permite o traballo colaborativo. O administrador pode estabrecer os permisos dos roles para que diferentes usuarios poidan publicar no panel sen entorpecerse uns a outros e sen precisar a intervención do administrador.
- Non require coñecementos de código html nin php nin por parte do administrador nin por parte dos usuarios que publican no taboleiro.
- Actualízase de xeito case automático sen necesidade de volver a editar os contidos. O administrador pode estabrecer canto tempo se manteñen como actuais as novas que se amosan no taboleiro.
- Permite visualizar tódolos anuncios: os actuais e o histŕoico de novas. Dispón dun enlace "mais" par acceder ao histórico de todolos anuncios publicados, listados en orde cronolóxica inversa (os mais recentes primeiro)
- Pódese decidir diferentes formas de visualización no bloque: poden aparecer só títulos ou títulos e contido.
- Permite crear diferentes seccións dentro do taboleiro (engadindo termos a categoría do panel de novas podese crear fácilmente un panel de novas de profesorado, outro para pais, outro para alumnos etc
- Permite estabrecer diferentes permisos de publicación en cada sección para os diferentes roles (permisos de publicación para o rol alumno no taboleiro de novas de alumno, o mesmo para secretaría etc.)
O que non nos gusta:
- Polo de agora o proceso de actualización das novas non é totalmente automático e require que o administrador lance manualmente o CRON con regulararide (o que en calquera caso, con taboleiro ou sen él o administrador debe facer para manter certas opcións da páxina actualizada (caixa de busca de contidos, notificacións aos usuarios..etc)
- Método III: elaboración dun panel de nvoas empregando código php do CEIP Castro Cerviño
O que nos gusta:
- É totalmente automático e non precisa intervención do administración para a súa elaboración.
- É flexible e permite non só a elaboración de bloques de novas senón tamén de vistas páxina onde se amosa un índice cronolóxico dun termo ou de diferentes termos dunha categoría.
- Permite o traballo colaborativo. O administrador pode estabrecer os permisos dos roles para que diferentes usuarios poidan publicar no panel sen entorpecerse uns a outros e sen precisar a intervención do administrador.
- Permite visualizar tódolos anuncios: os actuais e o histŕoico de novas. Dispón dun enlace "mais" par acceder ao histórico de todolos anuncios publicados, listados en orde cronolóxica inversa (os mais recentes primeiro)
- Pódese decidir diferentes formas de visualización no bloque: poden aparecer só títulos ou títulos e contido.
- Permite crear diferentes seccións dentro do taboleiro (engadindo termos a categoría do panel de novas, podese crear fácilmente un panel de novas de profesorado, outro para pais, outro para alumnos etc
- Permite estabrecer diferentes permisos de publicación en cada sección para os diferentes roles (permisos de publicación para o rol alumno no taboleiro de novas de alumno, o mesmo para secretaría etc.)
O que non nos gusta:
- Require coñecementos de código php por parte do administrador, tanto para a súa creación como mantemento e modificación no caso de querer engadirlle outras opcións. Isto non é accesible para tódolos centros.
- O administrador non pode estabrecer canto tempo se manteñen como actuais as novas que se amosan no taboleiro., simplemnte se amosan os contidos mais recentes.
- Non dispón da opción de decidir diferentes formas de visualización no bloque (aparecer só títulos ou títulos e contido) para conseguir ese efecto o administrador ten que modificar o código php
Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM