** Resumo da creación dun menú dinámico a partir dunha categoría **
Resumo da creación dun menú dinámico a partir dunha categoría
Aínda que está no contido do apartado 3.2 destacamos agora o resumo dos pasos a seguir para a creación dun menú dinámico a partir dunha categoría e os seus termos:
- Crear unha Categoría co seu Vocabulario e os seus Termos
(Ruta: Administrar - Administración do contido - Categorías - Engadir Vocabulario / Engadir Termos) - Ir ao Taxonomías-Menú e activar a opción Normal para a Categoría recén creada
(Ruta: Administrar - Configuración da Páxina - Taxonomy Menu) - Ir a Menús e crear un novo Menú que levará o mesmo nome que lle demos á Categoría
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Engadir menú) - Buscamos dentro do menú de Navegación o elemento de menú correspondente coa Categoría creada. Damoslle á opción Editar e substituímos o elemento pai de Navegación polo novo Menú creado
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Lista) - Desactivamos o nome da Categoría para que non se repita posteriormente na páxina
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - (nome da categoría creada / opción Desactivar) - Facer visible o Bloque correspondente e situalo no lugar desexado
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Bloques - Desactivados/Rexión (de <ningún> a lateral dereita ou esquerda...)
Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM