3.5 Módulos

Ruta: Administrar > Construción da páxina > Módulos

Módulos

Drupal defínese como un CMS modular, ou o que é o mesmo, un Sistema de Xestión de Contidos Modular. Estruturalmente a aplicación ten un núcleo (core) que é básico para que a aplicación funcione e a partir de aí podemos ir engadindo diferentes módulos dependendo das funcionalidades que queremos que teña a nosa páxina web. Así, se imos utilizar o noso Drupal como unha plataforma de comercio electrónico instalaremos uns módulos diferentes que se o que queremos é que funcione como un portal de recollida de documentación, ou se desexamos crear un portal para un centro educativo.

3.5.1 Instalar novos módulos

Os módulos son elementos instalables adicionais ao núcleo de Drupal, desenvolvidos pola comunidade, que engaden funcións á nosa páxina. Instálanse accedendo á estrutura de carpetas da aplicación a través de FTP (File Transfer Protocol) e copiando un directorio descargado da páxina web do proxecto Drupal (http://drupal.org/project/Modules) dentro do directorio "modules" que aparece na nosa estrutura da nosa instalación particular. Unha vez que teñamos o módulo deberemos de seguir as indicacións do autor do mesmo (normalmente veñen nun ficheiro README.txt dentro da carpeta do propio módulo). Nalgúns módulos é suficiente con transferir a carpeta e noutros necesítase tamén lanzar o comando Update para actualizar ou crear novas táboas na base de datos. O Proxecto Webs Dinámicas está constantemente analizando novos módulos que engadir ás páxinas web dos centros e poder así ampliar a seguridade e funcionalidades dos espazos. É obxectivo do proxecto que cada vez que se realiza unha actualización se aproveite para engadir novas funcionalidades. Se nalgunha ocasión algún administrador cre que sería recomendable engadir algún módulo á estrutura das aplicacións Drupal que se instalan no seu centro o procedemento sería enviar un correo electrónico a websdinamicas@edu.xunta.es indicando o módulo para realizar desde o proxecto un estudo. Deberase indicar tamén o por que se considera que é de interese. Os responsables do proxecto analizarían a viabilidade do módulo e instalaríase, ou rexeitarase, para tódolos centros de Galicia. É importante comprender que algúns módulos presentan incompatibilidades con outros.

3.5.2 Función dos Administradores das Webs Dinámicas nos centros en relación aos módulos

O único que poden facer os administradores en relación aos módulos é telos activados ou desactivados, dependendo de se lle interesa a funcionalidade que ofrece ou non. Cantos máis módulos activados máis funcionalidades vai ter a páxina pero isto non é sinónimo de calidade, xa que é mellor utilizar poucos módulos que non utilizar moitos módulos. No equilibrio está a clave do éxito :-)

3.5.3 Módulos empregados no proxecto Webs dinámicas para os centros educativos (módulos principales)

    • Audio: permite engadir e reproducir directamente arquivos de audio na nosa web.

    • Autologout: é un sistema de seguridade que desconecta a un usuario despois dun tempo de inactividade.

    • Duplicate role: permite duplicar roles usuarios copiando as súas configuracións.

    • Event: permite a utilización dun calendario de eventos ao cal se poden asociar tipos de contidos.

    • Image: permite a utilización do tipo de contido Imaxe.
    • IMCE e IMCE Wysiwyg API bridge: utilizámolos para subir arquivos á web.

    • JavascripTools (Activemenu, Collapsiblock): engade novas funcionalidades a múltiples procesos que realizamos en drupal. Por exemplo, é o responsable de que cun simple clic poidamos contraer ou expandir bloques.

    • Mail (Notify): permite manter informado ós usuarios das actualizacións da páxina a través do correo electrónico.

    • Nice Menús: amosa os menús dun xeito máis dinámico.

    • Paging: permite establecer, mediante unha liña de código no corpo dos documentos, saltos de páxina.

    • Printer-friendly: permite utilizar a "versión para imprimir" dos contidos para evitar imprimir todos os menús e bloques da páxina.

    • Scheduler: permite publicar ou despublicar contidos especificando as datas desexadas.

    • Site Map: ofrece a posibilidade de ter un mapa do sitio. Moi interesante para ofrecer a sindicación ós contidos da nosa web por categorías.

    • SWF Tools: permite axuntar arquivos de vídeo, presentación ou imaxes e mostralas nun reprodutor flash.

    • Taxonomy Access Control: permite establecer permisos aos diferentes roles sobre as taxonomías creadas.

    • Taxonomy Menú: é o responsable de converter taxonomías (categorías) en menús.

    • Wysiwyg: incorpora a barra de enriquecemento de texto que aparece cando creamos/editamos determinados campos de contido, por exemplo o Corpo.

    • Webform: permite a elaboración de formularios para a recollida dinámica de información.

3.5.4 Información complementaria

Configuración inicial dos módulos instalados

A continuación indícase o estado inicial dos módulos para ter de referencia e saber cales ían activados por defecto e cales non (Activados - Desactivados).

  • Audio
    • Audio
    • Audio getID3
    • Audio Images
    • Audio Import
    • Audio iTunes
  • Core - opcional
    • Aggregator
    • Blog
    • Blog API
    • Book
    • Color
    • Comment
    • Contact
    • Drupal
    • Forum
    • Help
    • Legacy
    • Locale
    • Menu
    • Path
    • Ping
    • Poll
    • Profile
    • Search
    • Statistics
    • Taxonomy
    • Throttle
    • Tracker
    • Upload
  • Core - requerido
    • Bock
    • Filter
    • Node
    • System
    • User
    • Watchdog
  • Evento
    • Basic event
    • Event
    • Event All Day
    • Event views
  • Imaxe
    • Image
    • Image assist
    • Image Attach
    • Image Galley
    • Image Import
    • ImageMagick Advanced Optins
  • Javascript tools
    • Active Search
    • Activeedit
    • Activeedit Theme Assist
    • Activemenu
    • AJAX submit
    • Collapsiblock
    • Javascript tools
    • JS Calendar
    • Tabs
    • Tabs Example
  • Mail
    • Notify
  • Other
    • Article
    • autologout
    • Countdown timer
    • Duplicate role
    • Feedback
    • IMCE
    • Nice Menus
    • Paging
    • Pdfview
    • Scheduler
    • Site map
    • Taxonomy Access Control
    • Taxonomy Menu
    • TinyMCE
    • Webform
  • Versión para imprimir, correo-e e pdf
    • PDF versión
    • Printer-friendly pages (core)
    • Send by e-mail
  • SWF Tools
    • 1 Pixel Out
    • Flash Filter
    • jquery.flash.js
    • Quicktime
    • Simple Viewer
    • SWF Tools
    • SWF Tools Integration
    • SWF Object
    • UFO
    • Wijering Flash
  • User Interface
    • JQueryUpdate
  • User Interface
    • IMCE Wysiwyg API bridge
    • Wysiwyg
  • Vistas
    • Views
    • Views RSS
    • Views Theme Wizard
    • Views UI

Last modified: Wednesday, 23 December 2015, 11:06 AM