Control de acceso por taxonomías: permisos propios e permisos herdados


Cando establecemos os permisos de acceso por taxonomías para un determinado rol de usuarios, consideramos eses permisos como propios dese rol.
Sen embargo tódolos usuarios dispoñen, ademáis dos permisos propios do rol ao que pertencen, de outros permisos aos que denominaremos permisos herdados.

Cales son os permisos propios do rol?
Os permisos propios do rol son aqueles que asignamos específicamente para ese rol en concreto, no control de acceso por taxonomías.

Cales son os permisos herdados?
Os permisos herdados son aqueles permisos que asumen os usuarios a maiores dos permisos propios do seu rol, que están establecidos para o rol xenérico "usuario autenticado" (authenticated user).

Por defecto calquera novo usuario que damos de alta en DRUPAL forma parte do rol "usuario autenticado". A maiores, formará parte tamén do rol específico ao que o asignemos.
Polo tanto, cada usuario asumirá (de forma combinada) os permisos de acceso por taxonomía destes dous roles:
  • Os permisos establecidos para o rol específico ao que pertence o usuario (permisos propios)
  • Os permisos establecidos para o rol xenérico "usuario autenticado" (permisos herdados).


Aclaración Cando se crea un novo menú a partir dunha categoría, sempre debemos revisar os permisos para esa categoría dos seguintes 2 roles:
  • Rol de usuario autenticado (authenticated user)
  • Rol específico ao que pertence o usuario

Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06