2.7. Duplicar rol
2.7 Duplicar un rol existente
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Duplicar rol.
Se temos varios roles con permisos moi parecidos, en vez de crear cada novo rol e logo ir dando e revisando todos os permisos de control de acceso e máis os permisos por taxonomía, que é un traballo bastante laborioso, podemos facer un duplicado dun rol existente, que xa teña totalmente configurados os permisos. Deste xeito só teremos que variar os permisos necesarios para o novo rol.
O Sistema é moi sinxelo, escollemos o rol a duplicar no despregable, e na caixa de texto inferior, poñemos un novo nome. Prememos en “Crear novo rol” e xa nos queda duplicado o rol orixinal. Xa só falta modificar os permisos que diferencien o novo rol do vello.
No exemplo podemos ver o resultado de crear un rol “profe2” a partir doutro rol “profesorado”, onde coinciden tódolos permisos de control de acceso.
Na parte inferior, pódense ver algúns dos permisos por taxonomía que tamén foron herdados polo rol “profe2” a partir do rol “profesorado”