Crear preguntas

          Hai dous camiños para comeza-la creación de preguntas, dous camiños que conducen o mesmo sitio de moodle: o contorno de edición de preguntas.

          En primeiro lugar, podemos crear preguntas no mesmo momento de crear un formulario. Inmediatamente despois de configurar o corpo do mesmo, no momento de facer clic en [Gardar cambios] accedemos a un contorno con acceso á xestión de preguntas (ver imaxe seguinte)

Contorno cuestionario: edición de preguntas

          En segundo lugar, podemos editar preguntas, sen necesidade de crear un cuestionario, para ir dispoñendo de baterías de preguntas que logo podemos organizar de diferentes xeitos. O acceso directo ó contorno de edición de preguntas está no bloque 'Administración': Acceso á edición de Preguntas no bloque 'administración'. Veremos entón un contorno como o da imaxe seguinte:

Contorno Edición de preguntas

          O seguinte paso e despregar o menú [Crear unha nova pregunta] para escolle-lo tipo de pregunta. Nas seguintes actividades veremo-las caraterísticas de cada tipo de pregunta ó tempo que as creamos.

NOTA: Non é preciso facer tódalas actividades deste módulo referentes á creación de preguntas. Pode que, por exemplo, ós profesores de linguas non lle interesen moito as preguntas numéricas e menos aínda as calculadas. A efectos de avaliación do curso sobre Moodle imos establecer como obrigatorias as actividades seguintes:

  1. Crear preguntas de resposta múltiple (mínimo 1 pregunta).
  2. Crear preguntas de resposta curta (mínimo 3 preguntas).
  3. Crear preguntas de emparellar (mínimo 1 pregunta).
  4. Emparellar preguntas curtas ó chou (mínimo 1 pregunta).
  5. Crear preguntas organizadas ó chou (mínimo unha pregunta). 
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM