1.5. Configuración do artigo
1.5 Configuración do artigo
Ruta: Administrar > Administración do contido > Configuración do artigoNesta sección atópanse as distintas opcións para modificar aspectos relacionados cos contidos publicados.
As opcións que podemos configurar ou sobre as que podemos incidir son as seguintes:
- Reconstruír a caché dos permisos. Se o sitio ten problemas cos permisos do contido, pode querer reconstruír a caché de permisos. As posibles causas para os problemas de permisos son a desactivación dos módulos ou os cambios na configuración dos permisos. Reconstruír implica eliminar tódolos privilexios do envío e reemprazalos polos permisos en base aos módulos e opcións actuais. A reconstrución pode levar algo de tempo se hai moito contido ou se as opcións dos permisos son complexas. Ao acabar a reconstrución, tódolos envíos empregarán automaticamente os permisos novos.
- Número de envíos na páxina principal. Aquí indicaremos o número de elementos (nodos) que aparecerán en cada páxina. A opción que aparece por defecto é 10. Unha vez que se supere este número automaticamente aparecerá un paxinador que nos permitirá acceder as 10 seguintes, anteriores...
- Lonxitude dos envíos. Aquí podemos establecer o número máximo de caracteres que se deben empregar na versión recortada dun contido. É dicir, se nunha páxina poden aparecer 10 envíos, como vimos no punto anterior, estes deberán de aparecer recortados xa que se algún deles é moi extenso implicaría que para poder acceder ao seguinte da lista teriamos que desprazar moito a barra de desprazamento vertical. Entón Drupal o que fai é que nos permite establecer a lonxitude a partir da cal os contidos quedarán recortados nesta primeira vista. Logo, ao premer sobre o título, xa podemos acceder ao contido completo para poder lelo na súa totalidade.
Neste campo de Lonxitude dos envíos as posibilidades que se nos presentan son desde 200 caracteres ata ilimitado. A opción establecida por defecto é de 600 caracteres.
- Vista previa do envío. Podemos seleccionar entre Opcional e Obrigatorio. Por defecto está marcada a opción de Opcional. Refírese a cando un usuario con permisos está escribindo calquera tipo de contido na páxina podemos ben forzar a que cando lle dea a "Enviar" teña que "ver" o envío na vista previa e dende aí envíalo ou non. Se o deixamos en opcional será o usuario quen poda elixir ver como queda o seu envío ou ben dándolle ao botón "Enviar" publicalo directamente.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM