** A utilidade das categorías no proxecto WebsDinámicas **
Despois de revisar a sección das categorías e os termos facemos un pequeno "descanso teórico" e incluimos algunhas recomendacións e reflexións:
- Esta sección das categorías colocámola ao principio xa que é o pilar sobre o que se constrúe a estrutura de menús da web do centro. Desde o proxecto Webs Dinámicas entendemos que éste debe ser un espazo colaborativo desde onde se ofrece información, contidos e servizos para toda a comunidade do centro.
- A categorización por taxonomías dos contidos da páxina permítenos, por un lado, garantir a integridade dos mesmos de cara a futuras actualizacións da plataforma e, por outro, xestionar de forma eficiente o traballo colaborativo dos distintos usuarios.
- Cando un centro decide formar parte do proxecto Webs Dinámicas recibe a páxina cunha categorización estándar (a mesma para todos os centros). É dicir, cunha estrutura básica de menús xa categorizados e cunha configuración de roles, usuarios e permisos preestablecidos.
- A forma máis sinxela de modificar a estrutura de menús da páxina (e polo tanto, comezar a "personalizala") é comenzando por modificar os termos asociados a unha categoría.
Fai a proba no teu espazo introducindo un novo termo (ponlle calquera nome) en calquera das categorías preestablecidas, ou edita (modifica) un termo xa creado nas categorías da páxina. Cando facemos unha modificación deste tipo podemos comprobar que os permisos asociados por defecto non varían.
* Lembra esta recomendación. Resultaráche moi útil para comezar a traballar na páxina.
Última modificación: miércoles, 23 de diciembre de 2015, 11:06