Xestión de informes

Unha vez que o curso está en marcha, Moodle ofrécenos ferramentas para facer un seguimento da actividade dos nosos alumnos e alumnas, para ter máis elementos de avaliación.

Podemos acceder aos informes desde o bloque de Administración, pulsando no enlace Informes. Abrirase a páxina de xestión de informes desde a que poderemos acceder aos rexistros completos de todas as actividades dos usuarios na plataforma e obter informes e estatísticas da actividade xerada no curso, tanto polo alumnado como polo profesorado.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM