Creando preguntas aleatorias

As "Preguntas aleatorias" son un tipo especial de pregunta. Non se trata de preguntas en si mesmas senón que representan unha pregunta calquera das pertencentes á categoría na que se crean. Mediante este tipo de pregunta pódese conseguir que a cada alumno dun curso se lle presenten cuestionarios distintos formados por preguntas escollidas ó chou dentro dunha categoría. Tamén poderán crearse cuestionarios constituídos por preguntas a eido e preguntas de calquera outro tipo, tendo en conta que as preguntas a eido elixirán preguntas distintas das fixas da categoría á que pertencen.

Para crear preguntas aleatorias hai que seguir os seguintes pasos:

1. Seleccionar o número de preguntas que se queren crear no despregable “Engadir preguntas aleatorias” na parte dereita da pantalla.

2. As preguntas son engadidas automáticamente ó cuestionario polo que son incluidas na columna da esquerda.

Podemos mezclar preguntas aleatorias e non aleatorias para asegurarnos de que determinadas preguntas sexan sempre incluidas no cuestionario.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM