Preguntas aleatorias de resposta breve exacta
Preguntas aleatorias de resposta breve exacta
Este é un tipo de pregunta moi interesante. Unha pregunta deste tipo xera unha pregunta de tipo ‘emparellar’ a partir de preguntas de tipo ‘resposta curta’ da mesma categoría. É unha boa forma de reciclar as preguntas curtas antigas.
Para crear unha pregunta deste tipo:
1. Seleccionar [Preguntas aleatorias de resposta breve exacta] do menú [Crear unha nova pregunta].
2. Dar un nome á pregunta.
3. Seleccionar ó número de preguntas de resposta curta que queremos que interveñan. Se o número é inferior ó de preguntas curtas existentes na categoría, estas serán seleccionadas ó chou. Para a nosa actividade marcamos 3 (previamente creadas na actividade crear preguntas de resposta curta).
4. Gardar os cambios.