Preguntas de emparellar
Crear preguntas de emparellar
As preguntas de emparellar plantexan un enunciado e invitan ó alumno a relacionar unha serie de elementos ‘pregunta’ con múltiples elementos ‘resposta’, de tal xeito que uns e outros rematen emparellados.
Para crear unha pregunta de emparellar hai que seguir os seguintes pasos:
1. Escoller [Emparellar] no despregable [Crear unha nova pregunta].
2. Darlle á pregunta un nome descritivo.
3. Escribir un enunciado que indique ó alumno os elementos que ten que emparellar. Pódese engadir unha imaxe á pregunta.
4. Engadir cada elemento ‘pregunta’ co seu elemento ‘resposta’. O número de parellas a incluír na pregunta non pode ser menor que 3 nin maior que 10.
5. Gardar os cambios e engadir a pregunta á categoría elixida.
Moodle amosará os elementos ‘pregunta’ nunha columna e a continuación outra columna con menús despregables (un por elemento da primeira columna) con tódalas respostas posibles para que o alumno escolla en cada caso a que corresponda.