Xestión de preguntas. As Categorías

É importante saber que Moodle organiza as preguntas en categorías e que estas pódense publicar para que as preguntas contidas nelas sexan accesibles para tódolos cursos.

Facendo clic en [Preguntas] no bloque de administración do curso entramos no espazo de administración de preguntas. Nel podemos ver unha solapa que da acceso ó sistema de xestión de categorías:

categorias

A xestión de categorías de preguntas abrangue a creación de novas categorías e a edición das existentes.

Podes ir facendo os seguintes procedementos a modo de actividade no teu curso:

1. Fai clic en [Preguntas] no bloque Administración do teu curso.

2. Na pantalla que se abre, fai clic na solapa [Categorías] ou no botón [Editar Categorías].

3. Enche os campos Nome e Información de categoría seguindo o modelo da seguinte imaxe, logo fai clic no botón [Engadir categoría].

engadir categorías

Xa está creada a nova categoría. Terás observado que, no formulario "Engadir categoría", ademáis dos campos categoría (nome da categoría) e Información de categoría (unha breve descripción da mesma), hai outro máis: 'Pai' permite colocar a categoría como unha subcategoría doutra. Se non hai máis categorías situarase directamente 'arriba'.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM