Características das tarefas
Características das tarefas
En Moodle podemos dispor de catro tipos de tarefas:
- Pode especificarse a data final de entrega dunha tarefa, que aparecerá no calendario do curso, e a cualificación máxima ou o uso de escalas personalizadas que se lle poderá asignar.
- Os estudantes poden subir as súas tarefas (en calquera formato de arquivo) ao servidor. Rexístrase a data en que foron subidas. Permítese enviar tarefas fóra de tempo, pero o profesor/a pode ver claramente o tempo de demora.
- En cada tarefa en particular, pode avaliarse a toda a clase (cualificacións e comentarios) nunha única páxina cun único formulario.
- As observacións do profesor anéxanse á páxina da tarefa de cada estudante e se envíalle unha mensaxe de notificación.
- O profesorado ten a posibilidade de permitir o reenvío dunha tarefa trala súa cualificación (para volver a cualificala).
- Permítese o uso de tarefas non en liña, onde en vez dun arquivo dixital, a tarefa é unha actividade externa como por exemplo recitar un poema ou realizar unha actividade físico-deportiva.
- Permítese o uso de tarefas en liña de texto. Cumpren a función dun caderno da clase.
En Moodle podemos dispor de catro tipos de tarefas:
- Actividade fóra de liña: este tipo de tarefa é útil cando o traballo se realiza fóra da plataforma e, ademais, débeno realizar nun formato non electrónico como, por exemplo, unha lámina de debuxo. Os estudantes poden ver unha descrición da tarefa, pero non poden subir arquivos. Non obstante, os profesores e profesoras poden cualificar a todos os estudantes e os estudantes recibirán notificacións das súas cualificacións.
- Subir un único arquivo: neste caso, permítese que os estudantes pue-dan subir un arquivo de calquera tipo. Este podería ser un documento realiza-do cun procesador de textos, ou unha imaxe, un sitio web comprimido ou ao-go que se pediulles que envíen. O profesorado pode cualificar online as tarefas remitidas deste modo.
- Texto en liña: permite ao estudante facer uso do editor de texto HTML para escribir directamente o traballo solicitado.
- Suba avanzada de arquivos: este tipo de tarefa utilízase cando se soli-cita ao estudante que entregue máis dun arquivo. Normalmente, o número de arquivos que debe subir especificarase na descrición da tarefa.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM