1.16.- Mensaxes
1.16.- Mensaxes
Este bloque permite a comunicación, constituíndo un sistema de mensaxería interna entre os usuarios do curso ou do espazo. |
Xestión de contactos e mensaxes
Este bloque a parte de enviar mensaxes, permite: agregar usuarios pertencentes a plataforma ao caderno de direccións, bloquear usuarios e visualizar o histórico de mensaxes anteriores . Calquera de estes procesos pódense realizar tanto dende o bloque Usuarios en liña como dende o bloque de Mensaxes, tal como se describe a continuación. |
Premendo na imaxe do sobre que aparece a dereita do nome do usuario no bloque de Usuarios en liña aparece esta xanela. Na parte superior da xanela aparecen tres botón que permiten:
Escribindo o mensaxe no cadro central e premendo sobre o botón Enviar mensaxe. A mensaxe é enviada o seu destinatario, podendo manter unha conversación con el a través desta ventá que se refresca automaticamente cada 60 segundos.No caso que o destinatario non este en liña e dependendo da configuración deste bloque, a mensaxe é entregada na bandexa de entrada do seu correo electrónico. |
Empregando o bloque de Mensaxes e premendo sobre o botón Mensaxes..., abrese unha xanela que composta por 3 pestanas:
- Contactos:
Listado de os usuarios que temos introducidos no noso caderno de direccións, podendo eliminalos ou ver o histórico de mensaxes empregando os botón correspondentes situados a dereita do nome. |
- Procurar:
|
Permite buscar usuarios da plataforma e mensaxes enviadas ou recibidas.
Cando localizamos usuarios, a dereita do nome dos usuarios aparecen os botón que nos van permitir: engadir o contacto o caderno de direccións, bloquear o contacto, ver o histórico de mensaxes. O premer sobre o nome do usuario ábrese a xanela que permite enviar unha mensaxe ó mesmo.
Cando se bloquea un usuario para que no poidamos recibir mensaxes del o botón cambia a outro botón permite desbloquear o usuario.
- Configuración:
Desde esta pestana o usuario pode configurar o servizo de mensaxeira para asi adaptalo a súas necesidades, de especial interes é a posibilidade de enviar o noso correo electrónico a mensaxe en caso de estar desconectado un tempo determinado, opción marcada por defecto para os centros dentro do proxecto de Web´s dinámicas. |