Defini-la configuración dun curso

Antes de empezar a subi-los materiais dun curso é moi importante configuralo. Isto permítelle ó profesor elixi-lo contorno do curso, defini-la categoría á que pertence, a chave de acceso ó curso, etc.

Desde o panel de administración do profesor débese facer clic na opción "Configuración", ou facer clic na categoría onde se vai aloxa-lo curso.

Dita acción amosará un contorno como o que se ve (reducido) na imaxe seguinte:

Configuración curso

Os conxunto de aspectos da configuración son:

Categoría: Esta opción permite asignar o curso actual a calquera das categorías dispoñibles. No noso caso relizaremo-lo curso dentro da categoría "Caixón de area".

Nome completo: Nesta etiqueta defínese o nome do curso que se pretende construir. O nombre completo do curso aparecerá na zona superior da pantalla e nas listas de cursos. No noso caso usaremos o noso propio nome como nome completo do curso. (Isto facilita o seguimento á hora de facer un seguimento personalizado por parte dos titores).

Nombre corto: É un nome curto que se lle asigna a un curso, co fin de reduci-la lonxitude do nome do curso, ven sendo como a abreviatura da materia. Lóxicamente iste nome curto ten que estar relacionado co nome completo do mesmo. Usarase en diferentes lugares nos que non sería axeitado usa-lo nome completo, como a liña de "asunto" dos correos electrónicos.

O número ID: dun curso só se usa cando se compara o curso contra un sistema externo -o que nunca é amosado dentro de Moodle. Se temos un código oficial para o curso iste é o sitio para usalo. Doutro xeito, o deixamos en branco.

Informe: Neste campo escríbese unha descripción do contido do curso que se vai desenvolver.

 

Formato: Ista opción permite elixi-lo formato do contorno do curso. Os formatos básicos son: Módulo, Social e Semanal.

Data de inicio do curso: Ista opción permite defini-la data de inicio do curso. Será moi importante telo en conta se eliximo-la opción de Formato semanal xa que as semáns comezan a contarse a partir da creación do curso.

Período de vigencia de la matrícula: Ista opción especifica o número de días que un estudiante pode permanecer matriculado neste curso (a partir do momento no que se matriculou). Se se elixe a opción, os estudiantes quedarán desmatriculados unha vez teña transcurrido o período. Isto resulta moi útil para desenvolver cursos sen un principio ou final especificados. Se non se selecciona a opción, o estudiante permanecerá matriculado ata que se lle dé de baixa manualmente, ou ata que a función de eliminar estudiantes non activos entre en funcionamento. Se seleccionamos xestionar iste curso coma un metacurso, non se utilizará o período de vixencia de matriculación.

Número de semáns ou módulos: Ista opción permite ó profesor defini-lo número de semáns ou módulos do curso dependendo do Formato do tema elixido con anterioridade.

Modo Grupo: O modo grupo pode ser de algún destes tres niveis: (Podemos forzarlo se é do noso interese)

Sen grupos - Non hai grupos, todos son parte dun gran grupo
Grupos separados - Cada estudiante só pode ve-lo seu propio grupo; os outros son invisibles
Grupos visibles - Cada estudiante traballa dentro do seu grupo, pero tamén pode ve-los outros grupos

Dispoñibilidade: Ista opción otorga ó profesor a posibilidade de restrinxi-lo acceso dos alumnos ó curso. Polo xeral esta opción ten que ter activada "permiti-lo acceso de alumnos ó curso".

Clave de acceso: Nesta etiqueta o docente define o contrasinal co que os alumnos accederán a primeira vez ó curso que se está a desenvolver. Sen dita clave de acceso non poderán nin siquera ve-los contidos do curso.

Acceso de convidados/as: Ista opción permite ó docente restrinxi-lo acceso de usuarios convidados ó curso ou permitilo con ou sen contrasinal.

Temas ocultos del curso: Ista opción permítelle decidir como se amosan ós estudiantes as seccións ocultas do curso.

Amosar calificacións: Permite ó profesor habilita-la posibilidade de que os alumnos podan ve-las notas de avaliación das diferentes actividades.

A súa palabra para profesor/a: Permítelle ó creador do curso establece-la palabra que se usará ó se referir ó titor do mesmo.

A súa palabra para profesorado: O plural para o termo anterior.

A súa palabra para estudante: Permítelle ó creador do curso establece-la palabra que se usará ó se referir a un/ha alumno/a do mesmo.

A súa palabra para estudantes: O plural para o termo anterior.

Forzar tema: Permite elixi-lo aspecto xeral do sitio. Depende dos pelaxes instalados por parte do administrador do sitio.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM