O sistema de arquivos do curso

Esta opción permítenos subi-los arquivos ó noso curso, por exemplo: documentos de texto, PDF ou presentacións para incluilos nunha actividade ou simplemente facelos accesibles. Ó facer clic en Arquivos dentro do bloque Administración, amosa unha lista dos arquivos dispostos baixo catro cabeceiras:

1. O nome do arquivo.
2. O seu tamaño.
3. A última vez que foi modificado.
4. A acción que podemos facer cun arquivo dado (ou cartafol).

Seleccionando os arquivos desexados (cun clic na esquerda do seu nome) e usando o menú emerxente debaixo da lista de arquivos, podemos move-los arquivos a outro cartafol, eliminalos totalmente ou crear un arquivo comprimido.

arquivos1

Ademáis hai outras duas accións que podemos realizar: Crear un cartafol e Subir un arquivo -ámbalas dúas opcións preséntanse na parte inferior dereita da pantalla debaixo da lista de arquivos.

subir arquivos

Para subi-los arquivos, estes son os pasos a seguir:

1. Facer clic en "Arquivos.." desde o bloque de "Administración"
2. Facer clic sobre [Subir archivos], estando situados dentro do cartafol ó que queremos envia-lo arquivo.
3. Desde a seguinte xanela, facer clic sobre [Examinar]
4. Escolle-lo arquivo no noso ordenador.
5. Facer clic en [Subir archivo]

Importante:

Os nomes dos arquivos e cartafoless non deben ter caracteres especiais coma letras con tilde, tabulacións, ñ, retornos de carro, espacios en branco, nen símbolos de sistema como / ou :, tampouco é recomendable combinar maiúsculas e minúsculas nos nomes.

O tamaño do arquivo non debe supera-lo límite permitido.


Suxestións

É moi recomendable crear unha estructura de directorios ou cartafoles. Por exemplo, se imos distribu-lo noso curso por temas, o recomendable para ser ordenados, será crear un cartafol por cada tema que imos dessenvolver, de xeito que os arquivos que subamos estén ordenados e clasificados.
Podemos aproveita-lo directorio para facer accesible todo o contido do mesmo ó alumnado.
Se imos subir moitos arquivos ó mesmo tempo, o mellor é crear un arquivo .zip no noso ordenador e subilo. Unha vez que esté almacenado escollemo-la opción de descomprimir. Feito esto, é recomendable borra-lo archivo .zip para non ocupar espacio innecesario.

Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM