Crear un novo curso
Crear un novo curso
Desde o panel de administración do profesor débese facer clic na opción "Configuración", ou facer clic na categoría onde se vai aloxa-lo curso. Dita acción amosará o seguinte contorno:
Categoría: Esta opción permite asigna-lo curso actual a calquera das categorías dispoñibles. No noso caso relizaremo-lo curso dentro da categoría "Caixón de Area" no mesmo servidor no que se atopa o curso sobre Moodle que estamos a seguer.
Nome completo: Nesta etiqueta defínese o nome do curso que se pretende construir. O nome completo do curso aparecerá na zona superior da pantalla e nas listas de cursos. No noso caso denominarémo-lo Curso co noso propio nome: "Fulanito Menganitez". Nome curto: É un nome curto que se lle asigna a un curso, con fin de reduci-la lonxitude do nome do curso, é prácticamente como a sigla da materia. Obviamente, este nome curto ten que estar relacionado co nome completo do curso. Utilizarase en diferentes lugares nos que un nome completo sería pouco axeitado, coma na liña "asunto" do correo electrónico. O número ID dun curso únicamente se usa cando se compara este curso contra un sistema externo - lo que nunca se amosa dentro de Moodle. Se temos un código oficial para o curso usaríamolo eiquí; noutro caso deixámolo valeiro. Informe: Neste campo escríbese unha descripción do contido do curso que se vai desenvolver. Formato: Esta opción permite elixi-lo formato do contorno do curso. Pode elixir entre os formatos Tema, Social e Semanal. Data de inicio do curso: Esta opción permite defini-la data de inicio do curso. Será moi importante telo en conta se se elixe a opción de Formato semanal xa que as semanas empezarán a se contar a partir da de creación do curso. Período de vixencia da matrícula: Esta opción especifica o número de días que un estudiante pode permanecer matriculado neste curso (a partir do momento no que se matriculou). Se se elixe a opción, os estudantes quedarán desmatriculados unha vez teña transcorrido o período. Esto resulta moi útil para desenvolver cursos sen un principio ou final especificados. Se non se selecciona a opción, o estudiante permanecerá matriculado ata que se lle dé de baixa manualmente, ou ata que a función de eliminar a estudiantes non activos entre en funcionamento. Se seleccionaramos xestionar este curso coma un metacurso, non se utilizará o período de vixencia de matriculación. Nos elixiremo-la opción "Sen límite" Número de semáns ou temas: Esta opción permite o profesor defini-lo número de semáns ou tópicos do curso dependendo d Formato do tema elixido con anterioridade. Neste caso elixírase o formato Temas polo que aparecerán tantos temas como elixamos. |
Modo Grupo: O modo grupo pode ser de algún destes tres niveis: (Podemos forzalo se nos interesa)
Sin grupos - Non hai grupos, todos son parte dun único grupo
Grupos separados - Cada estudiante só pode ve-lo seu propio grupo; o resto son invisibles
Grupos visibles - Cada estudiante traballa dentro do seu grupo, pero tamén pode ve-los outros grupos
Nos elixiremo-la opción "Sen grupos"
Dispoñibilidade: Esta opción otorga ó profesor a posibilidade de restrinxi-lo acceso dos alumnos ó curso. Polo xeral esta opción ten que estar coa opción de permiti-lo acceso de alumnos ó curso.
Clave de acceso: Nesta etiqueta o profesor define o contrasinal con que os alumnos accederán a primeira vez ó curso. Sen dita clave de acceso non poderán nin siquera ve-lo contidos do curso.
Acceso de invitados: Esta opción permítelle ó profesor restrinxi-lo acceso de usuarios convidados ó curso ou permitilo con ou sen contrasinal.
Temas ocultos do curso: Esta opción permítelle decidir como se lle amosan ós estudiantes as seccións ocultas do curso.
Amosar cualificacións: Esta opción permítelle ó profesor habilita-la posibilidade de que os alumnos podan ve-las notas de avaliación das diferentes actividades.
A súa palabra de profesor: Permite o autor do curso establece-la palabra que se usará ó se referir ó tutor da clase.
A súa palabra de profesores: O plural para o termo anterior.
A súa palabra para estudiante: Permite o autor do curso establece-la palabra que se usará ó se referir a un membro da clase.
Su palabra para estudiantes: O plural para o termo anterior.
Forzar tema: Elíxese o aspecto xeral do sitio.