Respostas inseridas (Cloze)

Trátase dun tipo flexible de pregunta que permite incrustar nun texto preguntas de opción múltiple, de resposta curta e numéricas.

Actualmente non se dispón dunha interface gráfica para crear este tipo de preguntas, de modo que é preciso especificar a pregunta como un texto con códigos inseridos para indicar onde van os ocos e que respostas admítense en cada un.

Para crear unha pregunta de resposta inserida hai que seguir os seguintes pasos:

1. Elixir a categoría á que pertencerá a pregunta.
2. Pór un nome descritivo á pregunta.
3. Escribir o enunciado da pregunta do seguinte xeito: o texto do enunciado escríbese normalmente e, cando chegamos ao lugar onde debe colocarse un oco para que o estudante compléteo, farémosllo saber a Moodle cun código rodeado por chaves. Estudiaremos os tres tipos nos seguintes puntos adicados a este tipo de preguntas.
4. Engadir unha imaxe, se se desexa, seguindo calquera dos procedementos detallados nas preguntas de opción múltiple.
5. Opcionalmente, podemos especificar un factor de penalización (ver os deta-lles sobre esta opción no punto 6 da descrición do proceso de creación de preguntas de opción múltiple).
6. Escribir, se queremos, unha Retroalimentación xeral ou mensaxe mostrada ao estudante no momento de revisar a pregunta ou o cuestionario.
7. Para finalizar pulsaremos no botón Gardar cambios.
Última modificación: mércores, 23 de decembro de 2015, 11:06 AM