Avaliar tarefas enviadas
Avaliar tarefas enviadas
Pulsando sobre a ligazón á tarefa (o seu nome) na páxina principal do curso, o profesor pode acceder ós diferentes traballos enviados polos seus alumnos para proceder á súa descarga, revisión e avaliación. Para iso, na propia páxina da tarefa o profesor dispón dunha ligazón situada arriba a dereita (ver exemplo na seguinte imaxe parcial dunha páxina de tarefa)
Aparecerá unha grella na que están tódolos membros dun curso. Na quinta columna "Ultima modifiación estudante" podemos ver os traballos entregados e acceder a cada un deles facendo clic sobre o seu nome.
Facendo clic en [Cualifiación] na celda da última columna de cada alumno accedemos ó formulario no que establece-la puntuación obtida e intorducir, se queremos, ós comentarios de reforzo. Unha vez posta a cualifiación o botón [Cualifiación] convértese en Actualizar] para sinala-la posibilidade de modificar en calquera momento tanto a nota como ó comentario de reforzo. Na imaxe seguinte pódese ver un exemplo para unha tarefa na que a nota puntuación máxima era 15.