Plantillas para a creación masiva de usuarios
Neste cartafol tedes plantillas que podedes utilizar para a creación masiva de usuarios na aula virtual.
Están feitas con LibreOffice Calc, que é a ferramenta ofimática que recomendamos para esta tarefa.
- Plantilla_para_carga_de_profesorado_v2.ods
A partir do Informe XADE: PRO989 obtéñense dúas columnas: Nome completo e usuario. Pégansen esas dúas columnas nas dúas primeiras desta plantilla e xa se xeran tódolos datos a cargar nas demáis columnas.
Na primeira fila da columna co título city, debe escribirse a localidade do centro. Está copiarase automáticamente a tódolos usuarios.
Unha vez compostos os datos na parte dereita da plantilla, copiarémolos e pegarémolos (con pegado especial para non pegar as fórmulas) na solapa "Datos a exportar CSV" da plantilla (non se debe duplicar a fila cos títulos das columnas), e gardaríamos esta solapa como un ficheiro en formato CSV que xa poderíamos cargar no moodle.