Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
2.4 Buscar roles (usuario)
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Buscar roles
Aínda que o menú chámase Buscar roles, en realidade non serve para buscar un rol, senón para buscar usuarios.
Introducindo un nome ou patrón (pódese empregar "*" como comodín para as coincidencias) podemos buscar un nome de usuario. O exemplo que xa nos pon Drupal di que unha búsqueda de "ma*" podería devolver "manuel", "maria" e "manuela".
Na imaxe do seguinte exemplo a busca foi “pro*”, que nos dá como resultado tódolos usuarios que empezan co seu nome por pro, como profesor, profe_2 e profe_3.
Logo podemos premer en calquera deles para ir á súa ficha de edición.