Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
2.1 Acceso a Drupal
Cando se deseña unha web dun centro educativo faise pensando en que esta se poida ver publicamente, sen coñecer ningún contrasinal, nin ter que rexistrarse, etc. Pero en Drupal a través da xestión dos usuarios e os roles podemos ter cara ao público en xeral unha información do centro, e de cara aos usuarios identificados ter outra información a maiores ou “información ”privada”.
Incluso dentro dos usuarios que teñan conta para acceder se poden facer distinción de permisos.
Como xa sabemos para poder identificarnos, temos que dispoñer dun nome de usuario e un contrasinal que haberá que escribir nunha zona da nosa web. Pódense ver dous exemplos de acceso:
a- O primeiro sería mediante un bloque onde xa se nos pide directamente o Nome de usuario e Contrasinal. Este bloque aparece se temos activado "Inicio de sesión" na sección dos bloques.
b- O bloque anterior non o temos por defecto activado na instalación de Webs Dinámicas. En su lugar ven activado o bloque "Inicio de sesión 2" que é o que recomendamos e xa coñecedes.
Cando se pulsa neste enlace aparece no centro da pantalla un formulario cos mesmos dous campos que tiñamos no primeiro exemplo, é dicir, Nome de usuario e Contrasinal.
Importante: pode ser que por algún motivo (por exemplo por cambiar a plantilla/tema antes de configurar os seus bloques e activar Inicio de sesión 2) voluntaria ou involuntariamente, non atopemos o sistema de acceso por ningún lado. Neste caso sempre podemos acceder ao formulario visto no exemplo 2 anterior escribindo a continuación da URL do noso centro o texto ?q=user como se pode ver na imaxe que aparece baixo este parágrafo. No caso de querer emendar esta situación e poñer visible o bloque de acceso para os usuarios (Inicio de sesión 2), entramos como usuario Administrador para engadir dito bloque.
Se temos configurado o noso centro para que os visitantes poidan crear novas contas, calquera poderá rexistrarse poñendo un nome de usuario e un enderezo de correo electrónico existente. Con isto, calquera pasa a ser un usuario autenticado, o que lle vai dar os permisos que teña atribuído este usuario.
O que non se pode facer é crear unha nova conta cun nome de usuario existente ou cunha conta de correo existente, xa que se nos vai producir un erro. Cada vez que existe algún erro vai aparecer unha mensaxe cun fondo de cor vermella.
Se o nome de usuario e o contrasinal non existen no sistema, entón aparece unha mensaxe indicando que “O seu contrasinal foi enviado ao seu enderezo de correo-e xunto coas instrucións necesarias”.
Se logo accedemos ao noso correo electrónico, debería aparecer un novo correo que cando o abrimos, vainos mostrar un nome de usuario e un contrasinal co cal xa nos poderiamos loguear, marcado no exemplo como “1”, ou tamén nos podemos loguear premendo nun enlace que está máis abaixo no mesmo correo, marcado como “2”. Este enlace só funciona unha vez, e despois de usalo, automaticamente nos leva ao formulario de usuario para poñer un contrasinal. Con isto xa somos un usuario máis do sistema.
Importante: este proceso anterior, aínda que moi sinxelo para engadir usuarios, ten un inconveniente. Se un usuario soamente por estar identificado no sistema xa ten permisos para crear contidos, calquera que dispoña dun correo electrónico, poderá modificar a nosa web. Para evitalo, ou ben desactivamos a opción de “crear nova conta” ou non damos determinados permisos aos usuarios autenticados. Todo isto imos velo posteriormente no punto 3.5. Configuración de usuario no presente curso. En principio, desde o Proxecto Webs Dinámicas non recomendamos esta práctica de permitir a usuarios anónimos crear novas contas, senón que sería mellor que só o equipo de administradores do centro sexan quen de crear directamente as contas que estimen oportuno: profesores, alumnos, pais e nais, etc.
Se nos esquecemos do noso contrasinal, no mesmo formulario de acceso ao sistema, temos unha pestana ou enlace, dependendo da plantilla ou tema, na que podemos solicitar un novo contrasinal. Isto o que fai é que solicita unha conta de correo electrónico, e envía a ese correo un enlace que nos permite acceder e cambiar o contrasinal que descoñecemos, por un novo contrasinal.