1.7. Buscar contido

Ruta: Administrar > Administración do contido > Buscar

Buscar contido

Dende esta pantalla, introducindo unha palabra ou palabras chave no cadro de búsqueda, Drupal realiza unha selección de contidos e comentarios publicados que conteñan esa palabra tanto no seu título como no corpo da noticia.

Este mesmo cadro de busca está situado no parte superior dereita para os usuarios que teñan permisos sobre este módulo de búsqueda ou "search" (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso)

Para realizar unha búsqueda o máis eficaz posible hai que ter en conta o seguinte:

  • Este motor de busca soamente localiza palabras nos contidos que coincidan exactamente coa palabra que se introduce na caixa de busca.
  • Non permite o uso de comodíns como podería ser o asterisco "*".
  • Para buscar unha frase deberá de poñerse entre aspas.
  • De querer localizar contidos que puideran conter dous ou máis vocablos na mesma búsqueda é necesario empregar a formula OR separándoos.
    Por exemplo, se poñemos na caixa de busca: cociña OR amizade, como resultade amosaranse os contidos que teñan a palabra cociña e/ou a palabra amizade.

Unha vez realizada a búsqueda, e sempre que o usuario teña permisos sobre a búsqueda avanzada (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso), aparece un cadro de búsqueda avanzada para poder seguir filtrando os contidos localizados, ou buscar outros novos

Busca avanzada

As diferentes opcións de configuración do módulo de búsqueda realízanse dende Configuración de búsqueda (ruta: Administración > Configuración da Páxina > Configuración de búsqueda).