Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
1.7. Buscar contido
Ruta: Administrar > Administración do contido > Buscar
Dende esta pantalla, introducindo unha palabra ou palabras chave no cadro de búsqueda, Drupal realiza unha selección de contidos e comentarios publicados que conteñan esa palabra tanto no seu título como no corpo da noticia.
Este mesmo cadro de busca está situado no parte superior dereita para os usuarios que teñan permisos sobre este módulo de búsqueda ou "search" (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso)
Para realizar unha búsqueda o máis eficaz posible hai que ter en conta o seguinte:
- Este motor de busca soamente localiza palabras nos contidos que coincidan exactamente coa palabra que se introduce na caixa de busca.
- Non permite o uso de comodíns como podería ser o asterisco "*".
- Para buscar unha frase deberá de poñerse entre aspas.
- De querer localizar contidos que puideran conter dous ou máis vocablos na mesma búsqueda é necesario empregar a formula OR separándoos.
Por exemplo, se poñemos na caixa de busca: cociña OR amizade, como resultade amosaranse os contidos que teñan a palabra cociña e/ou a palabra amizade.
Unha vez realizada a búsqueda, e sempre que o usuario teña permisos sobre a búsqueda avanzada (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso), aparece un cadro de búsqueda avanzada para poder seguir filtrando os contidos localizados, ou buscar outros novos
As diferentes opcións de configuración do módulo de búsqueda realízanse dende Configuración de búsqueda (ruta: Administración > Configuración da Páxina > Configuración de búsqueda).