1.4 Agregador de novas

Ruta: Administración > Administración do contido > Agregador de novas
Agregador de novas

O agregador de novas emprégase para que os usuarios poidan crear un bloque no que aparezan listadas diferentes noticias ou novas.

Un bloque pode conter as noticias ofrecidas por algunha fonte de RSS externa ou conter os últimos contidos ou novidades destacables da páxina do centro. Neste caso os contidos que aparecen no bloque están asociados ou categorizados nunha categoría que se terá que crear previamente (ruta: Administrar > Administración do contido > Categorías) . E a súa vez esta categoría debe estar incluída no Mapa do sitio (ruta: Administrar > Configuración da páxina > Mapa do sitio).

Amosa novas da páxina do centro Novas dunha fonte de RSS externa

Para engadir unha nova orixe de novas hai que ir sobre a pestana Engadir orixe:

Agregador de novas - Engadir orixe
  • Título: poñeremos o nome para esta nova. Por exemplo, se imos agregar a páxina da Xunta de Galicia como orixe de novas, o nome podería ser Xunta.
  • URL: aquí especificaremos a URL de orixe que permite a sindicación RSS. Normalmente os sitios web que ofrece os seus contidos distribuídos mediante RSS xa teñen nas súas páxinas un enlace que o indica. Desde aí obteremos as URL's de orixe. Tamén podemos empregar unha ruta do noso propio portal. Neste caso o enlace obtense indo a Mapa do sitio (módulo do que falaremos neste curso) e co botón dereito do rato enriba do símbolo RSS que hai a dereita de cada categoría premeremos en "Copiar ruta do enlace" para despois pegala neste campo URL da nova.
  • Intervalo de actuación: por defecto aparece unha hora, aínda que o podemos regular ata os 15 minutos (en calquera caso, este refresco está condicionado polo lanzamento do cron).
Una vez que xa teñamos a nova orixe metida, poderemos vela desde a pestana Lista. Neste momento aínda non teremos ningún elemento nas orixes, xa que a pesar de telos configurados, aínda non se actualizaron os elementos. Para poder ver os primeiros elementos teremos que premer sobre a opción "actualizar elementos".

Actualizar elementos

Agora xa podemos ver que existen elementos nas nosas orixes. Premendo sobre o Título da orixe xa podemos acceder as noticias agregadas ao noso portal web desde as orixes seleccionadas

Elementos actualizados

Listado das novas obtidas

De momento a actualización de elementos hai que realizala de forma manual, ben premendo sobre o enlace "actualizar elementos" ou ben lanzando o cron (opción Lanzar cron do menú Cron). En futuras actualización do proxecto Webs dinámicas trataremos de que esta actualización de elementos se realice de xeito automático e desatendido.

Finalmente, desde a pestana de Opcións temos a posibilidade de facer desaparecer das orixes de novas os contidos pola súa data de publicación.


Opcións