1.3. Comentarios

Ruta: Administrar > Administrar o contido > Comentarios

Comentarios

Esta pantalla ten dúas pestanas: Lista e Opcións.

Na pestana Lista temos a posibilidade de xestionar os Comentarios publicados, e os comentarios que están na Cola de aprobación.

As opción de actualización para os comentarios publicados son:

    • Retirar os comentarios seleccionados: con esta posibilidade enviamos os comentarios á cola de aprobación ou moderación.
    • Borrar os comentarios seleccionados: elimínanse definitivamente os comentarios (sen posibilidade de recuperación).

Comentarios publicados

Antes de facer nada cos comentarios, deberemos de marcar o check de verificación que aparece a súa esquerda, xa que as opcións anteriores efectuaranse sobre os comentarios seleccionados.

Na cola de aprobación están os comentarios feitos polo usuarios da páxina que non son visibles, ben porque eran comentarios visibles retirados polo administrador da páxina ou ben porque ten permisos de crear comentarios con aprobación, establecidos polos administradores (módulo Comment, ruta: Administración > Mantemento de usuarios > Control de acceso). Neste caso os comentarios non se poden ver inmediatamente despois de ser creados polo usuario. Para ser visibles necesitan unha validación do administrador (ou outro rol que conte cos permisos necesarios). Mentres que están a espera de ser validados, os comentarios sitúanse na cola de aprobación.

As opción de actualización para os comentarios que están na cola de moderación:

    • Publicar os comentarios seleccionados: o administrador valida o comentario pasando o mesmo á lista de comentarios publicados.
    • Borrar os comentarios seleccionados: elimínanse definitivamente os comentarios.
Cola de aprobación

Para poder visualizar os comentarios tanto para os que están na cola como os que están publicados basta con premer sobre o título ou asunto do comentario. O administrador tamén pode editar calquera comentario e facer as variacións que estime oportunas no mesmo.

Na pestana Opcións pódense configurar as diferentes opcións de visualización e envío dos comentarios.

Os comentarios pódense adxuntar a calquera nodo (contido), e as súas opcións amósanse debaixo. Pódese ver de dúas formas: unha "lista plana" na que todo o contido se amosa á mesma altura no lado esquerdo e os comentarios veñen en orde cronolóxico, e "lista de fíos", no que as respostas aos comentarios ubícanse inmediatamente debaixo dos comentarios e cun lixeiro sangrado. Tamén hai dous estilos: "expandido", no que pode ver tanto o título como o contido, e "colapsado" , no que só se ve o título. Obrígase aos usuarios a facer unha vista preliminar do seu comentario, facendo clic no botón "Vista preliminar" antes de que poida engadir efectivamente o comentario.

Así nas opcións de visualización hai as seguintes posibilidades:

  • Modo predeteminado de visualización: selecciónase a forma de aparecer os comentarios na pantalla. Comentarios colapsados: inicialmente só e visible o título do comentario e hai que pinchar nel para poder ver todo o comentario. Comentarios estendidos: visualízase inicialmente todo o comentario. Lista plana: tódolos comentarios aparecen o mesmo nivel. Lista de fíos: pódese ver como uns comentarios son resposta doutros comentarios.
  • Modo predeterminado de visualización
  • Ordenación por defecto da pantalla: elíxese a ordenación dos comentarios por data de creación, do máis recente ao máis antigo ou viceversa.
Ordenación por defecto da pantalla
  • Comentarios por defecto por páxina: número máximo de comentarios que se amosan nunha páxina
  • Controis de comentarios: escóllese se se amosan os controis e a súa colocación.

Comentarios por defecto por páxina

Opcións de envío de comentario

  • Comentario anónimo: soamente está cando o usuario anónimo ten permisos para crear comentarios en Control de acceso (ruta: Administración > Mantemento de usuarios > Control de acceso). Aquí pódese seleccionar a obrigatoriedade ou non de que o usuario anónimo deixe os seus datos de contacto. É moi importante sinalar que os usuarios anónimos (calquera persoa sen precisar de usuario nin contrasinal) NUNCA deberían poder facer comentarios por cuestións de seguridade. No caso de permitilo tede en conta que poderíades ser víctimas dos programas de spam que atoparían nos comentarios unha vía sinxela de entrada pola que poder invadir a páxina. Polo mesmo motivo se recomenda que os contrasinais non sexan doados ou evidentes de xeito que non sexan facilemente atopados polos mesmos programas de spam.
Comentario anónimo
  • Campo de asunto do comentario: contrólase a obriga de que os comentarios leven ou non leven título
Campo de asunto do comentario
  • Vista previa do comentario: pode forzarse ao usuario a facer unha vista previa antes de enviar o comentario
Vista previa do comentario:
  • Ubicación do formulario de envío do comentario: selecciónase a forma dende a cal o usuario pode enviar o comentario; dende a páxina onde está o contido ou dende outra pantalla.
Ubicación do formulario de envío de comentarios
  • Duración do tempo de edición (en segundo) - Comment edit duration (seconds): introduciremos o tempo en segundos durante o cal os usuarios poderán editar os seus comentarios. Pasado dito tempo xa non terá posibilidade de editalo (pode resultar cómodo para permitir a corrección de erros ortográficos, expresións...). Se deixamos o valor 0 os usuarios sempre poderán volver sobre os seus comentarios e editalos.
Duración do tempo de edición