4. Acceso a Moodle Mobile cun usuario administrador do sitio

Error. Non ten permisos para crear a credencial de servizo web para o servizo local_mobile.

"Error. No permission to create web service token for the service local_mobile"

Ao intentar empregar Moodle Mobile cun usuario "administrador" da aula virtual aparece a seguinte mensaxe:

"Error. Non ten permisos para crear a credencial de servizo web para o servizo local_mobile"

erro token

Este erro é debido a que a creación automática de "token" (credencial) para este tipo de servizos está deshabilitada para usuarios administradores nas versións de Moodle 2.x. (A versión actual instalada no proxecto Webs Dinámicas é 2.6.11). Para o resto de usuarios con perfil diferente (non administradores do sitio) non se produce esta situación.

Para solucionar este inconveniente será preciso crear o "token" de xeito manual para cada usuario "administrador do sitio" que queira usar "Moodle Mobile". Os pasos son os seguintes:

  • Menú "Administración do sito > Engadidos > Servizos web> Xestionar as credenciais.

token

  • Premer no enlace "Engadir"

token 2

  • Seleccionar o usuario correspondente no listado de usuarios. No desplegable "Servizo" seleccionar a opción "Moodle Mobile additional features service"

usuarios token

  • Premer no botón "Gardar modificacións" e finalizar a sesión na aula virtual.

credencial xerada

NOTA: Este problema xa está corrixido nas versións de Moodle 3.x.