2. Que podo facer con Moodle Mobile?

Que podo facer con Moodle Mobile?

A app Moodle Mobile permite aos usuarios (profesores e alumnos) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual.

Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable.

Moodle Mobile ofrece, entre outras, as seguintes funcionalidades:

Xestionar ficheiros

  • Subir un ficheiro á área de ficheiros privados
  • Grabar un audio ou vídeo e subilo directamente á área de ficheiros privados
  • Ver e descargar os teus ficheiros privados
  • Ver e descargar os ficheiros do curso

Traballar no curso

  • Acceso rápido aos contidos do curso
  • Descargar e ver algúns dos recursos do curso
  • Ver os módulos "Libro" e "Paquetes de contido IMS"
  • Participar nas actividades (escolla, consulta, ...)
  • Participar nos chats do curso
  • Ver os foros e os debates
  • Ver as cualificacións de actividade e as cualificacións totais do curso

Interactuar cos demáis usuarios

  • Mensaxería privada entre usuarios
  • Enviar unha mensaxe privada a un participante do curso
  • Ver todas as túas notificacións e mensaxes privados recibidos
  • Engadir a un participante do curso á túa axenda de contactos do teléfono
  • Chamar a un participante do curso ao pulsar no número de teléfono
  • Localizar a un participante do curso en Google Maps

Recibir información

  • Ver eventos do calendario
  • Notificacións recordatorias para eventos de calendario
  • Recibir notificacións "Mobile Push"
  • Integración no calendario con recordatorios e advertencias
  • Ver as notas do sitio, do curso e as persoais