Configuración da aula virtual para Moodle Mobile
Configuración da aula virtual para o uso da aplicación Moodle Mobile.
1. Que é Moodle Mobile?
Que é Moodle Mobile? Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS, e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows. Esta app únicamente funcionará cos sitios Moodle (Aulas Virtuais) que estean previamente configurados para permitilo. A configuración necesaria debe ser realizada polo/s administrador/es de cada "Aula Virtual (Moodle). Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:
No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic. Aínda que na documentación faise referencia á app Moodle Mobile, no noso caso estaremos falando sempre da app Moodle Classic. Cando se elaborou esta documentación só existía á primeira e cando actualicemos a nosa versión de Moodle voltaremos a utilizala, así que decidimos manter a documentación como está. Vídeo oficial de presentación de Moodle Mobile 3.1 |