Sistema de permisos
Describimos neste documento o sistema de permisos de Moodle 2.x
Os administradores do sitio
Xestores e Creadores de cursos no sistema
3. Xestores e creadores de cursos
En Moodle 2.x temos un novo papel que é o de Xestor, máis adiante vemos cales serán as súas capacidades. Ademais temos o papel de Creador de cursos que xa existía en versións anteriores. Poderemos asignar estes papeis a usuarios no contexto do sistema, de xeito que as súas capacidades se aplicarán a toda a aula virtual.
Nas antigas versións 1.x de Moodle podíamos asignar usuarios a calquera papel a nivel de sistema, e así podíamos facer cousas que en principio non teñen moito sentido como por exemplo dar a un usuario o papel de Profesor no contexto do sistema, o que provocaba que este usuario aparecera como profesor de tódolos cursos da aula virtual. En Moodle 2.x tamén é posible facer isto, pero os papeis veñen configurados para que por defecto so se podan asignar no contexto do sistema os papeis de Xestor e de Creador de cursos.
Accedemos ao formulario para asignar roles no contexto do sistema por Administración do sitio > Usuarios > Permisos: Asignar roles de sistema.
Figura: Asignar papeis no sistema
Vemos na imaxe anterior que como dicíamos antes só aparecen os roles Xestor e Creador do curso, e á súa dereita cantos usuarios hai para cada un de eles. Fixémonos na advertencia que sae ao principio, que quere dicir que os usuarios que asignemos aquí adquirirán os permisos correspondentes ao rol en todo o sistema, así por exemplo un usuario con este papel de Creador do curso poderá crear cursos en tódalas categorías da aula virtual.
Para ver que usuarios hai en cada rol e modificar esa lista de usuarios pincharemos no nome do rol. Se por exemplo pinchamos no rol Xestor teremos o seguinte formulario:
Figura: Xestores no sistema
Co botón Engadir daremos este rol aos usuarios selecionados na lista da dereita e co botón Eliminar quitaremos este rol aos usuarios selecionados na lista da esquerda.
Solamente os administradores do sitio e os xestores do sistema poden asignar estes dous roles a outros usuarios.
Que pode facer un Xestor do sistema?
- Administrar a páxina principal da aula virtual.
- Administrar os usuarios e crear usuarios novos.
- Crear e administrar Círculos de usuarios.
- Modificar a configuración dos roles.
- Asignar roles do sistema.
- Editar as categorías de cursos e crear categorías novas.
- Crear e eliminar cursos.
- Editar a configuración de tódolos cursos. Esto tamén o pode facer o profesor editor da cada curso.
- Administrar tódolos cursos. Cada curso pode ser administrado polo seu profesor editor.
- Modificar o contido de tódolos cursos. Normalmente o fará o profesor editor do curso.
- Pode asignar tódolos papes de Xestor para abaixo nos cursos, polo tanto pode asignar o profesorado e tamén matricular ao alumnado dos cursos. A matriculación do alumnado será feita normalmente polo profesor editor ou de xeito autónomo polos propios alumnos e alumnas.
- Adquire o papel de Xestor nos cursos que crea.
- Pode configurar as copias de seguridade dos cursos.
- Pode configurar o sistema de cualificacións da aula virtual.
- Pode configurar e xestionar as distincións.
- Pode personalizar a traducción dos idiomas.
De todas as funcións anteriores algunhas das referidas aos cursos as levará a cabo normalmente o
Profesor editor do curso:
- Editar a configuración dos seus cursos.
- Admnistrar os seus cursos
- Modificar o contido de dos seus cursos.
- Matricular ao alumnado dos seus cursos ou cofigurala para que o alumnado se matricule de xeito autónomo.
- Realizar copias de seguridade dos seus cursos
Que pode facer un Creador de cursos?
- Pode crear cursos en calquera categoría da aula virtual
- Non pode crear novas categorías nin editar as existentes.
- Cando crea un curso quédalle asignado o rol de creador do curso, e tamén o rol de Profesor/a editor se está así configurada a opción "Rol dos creadores en novos cursos" en Administración do sitio > Usuarios > Permisos> Políticas de usuario.
- Pode modificar a configuración de cursos que el mesmo tivera creado.
- Pode eliminar cursos que el mesmo tivera creado.