5. Inscrición nun curso dos usuarios do ficheiro

O sistema de carga dun ficheiro de datos de usuario pódese utilizar para máis cousas que dar de alta aos usuarios na aula virtual. Neste caso imos ver como inscribir nun curso aos usuarios do ficheiro, e non so aos estudantes senón tamén aos profesores/as.

Para facelo temos que engadir varias columnas ao ficheiro CSV ou á folla de cáculo na que temos os datos dos usuarios. Nunha soa carga podemos inscribir aos usuarios en varios cursos (neste exemplo imos velo para un so curso). Así para un curso engadiríamos a seguinte dupla (coruseN,typeN) ou terna (courseN,typeN,groupN) de columnas:

  • course1: É o nome curto do curso no que se inscribirá o usuario.
  • type1: Refírese ao papel co que se inscribe o usuario no curso. O valor 1 indica o papel por defecto do curso que normalmente será o de estudante; o valor 2 é para o papel de profesor editor; e o valor 3 indica o papel de profesor non editor.
  • group1: Se dentro do curso hai grupos de alumnos podemos inscribilos directamente nun grupo mediante esta columna na que poñeremos o identificador do grupo. Esta columna é opcional.

Vemos na seguinte imaxe un exemplo de ficheiro para matricular a dous usuarios como alumnos no curso MAT-S2, un vai no grupo 2A e outro no grupo 2B.

Inscrición de usuarios

Figura: Ficheiro de datos para a inscrición de usuarios nun curso

Así, segundo o ficheiro da imaxe, inscribimos aos dous usuarios no curso de nome curto MAT-S2 (course1=MAT-S2) - aquí vemos a importancia de que non se repitan os nomes curtos dos cursos; que os inscribimos como estudantes (type1=1); e ademáis metemos ao primeiro no grupo 2A e ao segundo no grupo 2B - estes grupos deben existir no curso MAT-S2.

Se quixéramos facer a matriculación nun segundo curso na mesma carga do ficheiro, engadiríamos outra dupla/terna (course2, type2, group2) cos datos correspondentes á inscrición no segundo curso.

Á hora de cargar este ficheiro de datos utilizaríamos os seguintes valores no formulario de carga:

En Configuración:

  • Upload type. Aquí depende de si os usuarios están xa dados de alta ou non:
    • Se non existe aínda ningún, podemos utilizar Upload tpe = Add new only, skip existing users
    • Se todos os usuarios xa foron dados de alta previamente utilizaremos Upload type = Update existing users only ou Upload type = Add new and update existing users
    • Se soamente parte dos usuarios están dados de alta utilizaremos Upload type = Add new and update existing users
  • New user password = Campo requerido no ficheiro (O contrasinal ven no ficheiro)
  • Existing users details = No change (Non queremos cambiar os datos dos usuarios existentes, senón só matriculalos. Esto non modificará o contrasinal dos usuarios existentes)
  • Forzar o cambio de contrasinal = Ningún (Só se forzará para aqueles usuarios novos nos que poñamos a columna password=changeme)
  • Prevent email address duplicates = Non (Permitiremos que se repitan os enderezos de correo electrónico - sempre que esteamos a utilizar o correo nonreponder@edu.xunta.es para os usuarios)
  • Standardise usernames = Non (Os nomes xa veñen normalizados no ficheiro de datos)

Ademais, na sección de Papeis do formulario, deixaremos os valores por defecto que vemos nesta imaxe:

Papeis de carga

Figura: Correspondencia entre códigos e papeis para a inscrición dos usuarios.

Unha vez configurado o formulario pinchamos no botón Cargar usuarios, e logo comprobamos o resultado.

Inscrición masiva de usuarios

Figura:  Resultado da carga do ficheiro para a inscrición no curso

Na imaxe anterior vemos como ambos usuarios foron inscritos no curso MAT-S2 como estudantes, un no grupo 2A  e outro no grupo 2B.