3. Carga do ficheiro de datos e configuración da carga

Neste capítulo veremos como subir o ficheiro de datos ao formulario de carga de usuarios, e faremos unha descrición dos parámetros de configuración deste formulario pero sen centrarnos nunha operación concreta a realizar cos datos do ficheiro. Nos capítulos seguintes veremos concretamente como crear usuarios e outras operacións.

  • Imos a Administración do sitio >> Usuarios >> Contas: Cargar usuarios
  • Aí temos o seguinte formulario no que en primeiro lugar subimos o ficheiro CSV cos datos.

Subir ficheiro de datos

Figura: Subir o ficheiro cos datos

  • Eliximos o delimitador CSV como ; (punto e coma)
  • Eliximos a codificación de idioma. Deberá ser a mesma coa que gardamos antes o ficheiro CSV.
  • Eliximos cantas filas do ficheiro queremos que Moodle previsualice antes de levar a cabo o procesamento do ficheiro. Isto é útil para comprobar que os datos van ser interpretados como esperamos. Debemos fixarnos en que en cada columna estean os datos correspondentes e tamén que a codificación de caracteres sexa correcta. Se eliximos un número maior que o número de usuarios a cargar, poderemos comprobalos todos,
  • Pinchamos no botón Cargar e obtemos o seguinte formulario coa previsualización dos usuarios:

Previsualización dos datos

Figura: Previsualización dos datos a cargar

  • Revisada a previsualización dos datos, se detectamos erros cancelaremos o proceso pinchando no botón "Cancelar" ao final do formulario, e corrixiremos o ficheiro de datos para cargalo de novo.
  • Dado que utilizamos o mesmo enderezo electrónico para todos eles aparecerán erros de "enderezo electrónico duplicado".
  • A continuación da previsualización, no mesmo formulario, temos unha serie de parámetros de configuración para o procesamento do ficheiro cos que imos determinar que se vai facer con estes datos:

Configuración da carga

Figura: Configuración da carga de usuarios

  • Vexamos a continuacion para que é cada un destes parámetros:
    • "Upload type". É o tipo de operación que imos facer cos datos. Moodle utiliza o campo username como identificador dos usuarios para determinar si un usuario do ficheiro existe xa na aula virtual. Temos catro opcións:
      • "Add new only, skip existing users". Unicamente engade aqueles usuarios que non existan xa.
      • "Add all, append number to usernames if needed". Engade como novos usuarios todos os do ficheiro. Se xa existe na aula virtual un usuario co mesmo username que un do ficheiro, engadirá un número ao username do ficheiro para engadilo coma un usuario novo. Non é habitual utilizar esta opción.
      • "Add new and update existing users". Engade os usuarios que non existan xa (como a primeira opción), e ademáis actualiza os que xa existan. Esta actualización significa que para un nome de usuario poden cambiarse os datos persoais de nome e apelidos, correo, cidade e contrasinal.
      • "Update existing users only". Unicamente actualiza os usuarios existentes.
    • "New user password". Contrasinal para os novos usuarios. Temos dúas opcións:
      • "Campo requirido no ficheiro". Utilizará a contrasinal que vaia no ficheiro de datos.
      • "Crear un contrasinal se fora preciso". Se no ficheiro non hai contrasinal, xera unha aleatoria que será comunicada ao usuario por correo electrónico. Naturalmente esta opción é válida unicamente se estamos a dar de alta usuarios cos seus enderezos de correo reais.
    • "Existing users details". Como se actualizarán os usuarios existentes. Temos catro opcións:
      • "No changes". No actualizará os usuarios existentes.
      • "Override with file". Actualizará os usuarios existentes cos datos do ficheiro.
      • "Override with file and defaults". Actualizará os usuarios existentes cos datos do ficheiro e cos valores por defecto seleccionados na parte final deste formulario.
      • "Fill in missing from file and defaults". (Rechea os datos que non estean nin no ficheiro nin nos valores por defecto na parte final do formulario?)
    • "Existing users password". Que fai co contrasinal dos usuarios existentes que se actualicen. Ou ben non se lle cambia a contrasinal, ou ben se lle pon a que ven no ficheiro.
    • "Forzar o cambio de contrasinal". A que usuarios se forzará a cambiar a contrasinal a primeira vez que inicien sesión. Temos tres opcións:
      • "Users having a weak password". Aqueles usuarios que no ficheiro de datos teñan un contrasinal débil
      • "Todos". Forzará o cambio para todos os usuarios. Esto sería equivalente a poñer changeme no campo password do ficheiro.
      • "Ningún". Non forzará o cambio para ningún usuario, exceto se a contrasinal do ficheiro é changeme.
    • "Permitir renomear". Con esta opción activada, se no ficheiro engadimos unha columna oldusername, o que fará será identificar os usuarios existentes polo campo oldusername e cambiarlle o nome polo especificado na columna username.
    • "Allow deletes". Con esta opción activada, se no ficheiro engadimos unha columna deleted, eliminaranse os usuarios existentes que teñan un 1 nesta columna.
    • "Allow suspending and activating acounts". Con esta opción activada, se no ficheiro engadimos unha columna suspended, suspenderanse as contas dos usuarios que teñan un 1 nesa columna e activaranse os que teñan un 0.
    • "Prevent email address duplicates". Se selecionamos que si, non dará de alta os usuarios se a súa conta de correo xa está utilizada por outro usurio. Se estamos dando de alta usuarios co correo nonresponder@edu.xunta.es, debemos desactivar esta opción.
    • "Standardise usernames". Esta opción fai que os username cumplan os requisitos que vimos anteriormente. O que fai é: eliminar os espazos en branco; pasar a minúsculas; eliminar os caracteres non válidos. Convén traer este traballo feito xa previamente no ficheiro tal e como vimos antes porque se Moodle cambia algún nome, este quedará distinto do que temos no ficheiro.
  • Na parte final do formulario poderemos seleccionar unha serie de parámetros para o perfil dos usuarios. Normalmente no será necesario cambiar nada, pero vexamos algún dos parámetros:
    • "Ver correo". Con esta opción do perfil determínase quen pode ver a dirección de correo electrónico do usuario. Se estamos utilizando a conta nonresponder@edu.xunta.es o lóxico sería selecionar a opción "Agochar o meu enderezo de correo a todos" xa que non ten utilidade que se vexa esta conta.
    • "Subscrición automática nos foros".
    • "Descrición". Poderiamos utilizar este campo para poñer o grupo ao que pertence o alumnado (p.e. ESO 2ºA)