Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
7.1 Estatísticas (Statistics)
O core de drupal trae incorporado o módulo Statistics, que nos permite ter información estatística do noso sitio web:
- número de veces que se visitou unha páxina
- contidos que se visitaron nesa páxina
- data na que se mostrou
- número de visualizacións recentes dun contido [1]
- número de veces que se visualizou en total
- referentes principais (páxinas de terceiros que apuntan á nosa)
Estas estatísticas proporciónannos detalles sobre os usuarios da páxina e o uso que fan dela (contidos populares, os máis vistos recentemente, os máis vistos todo o tempo etc.)
[1] o significado de “recente” dependerá do tempo que teña establecido o administrador nas páxinas de configuración do módulo entenderase o tempo que estableza o administrador na configuración do módulo para descartar os rexistros antigos. Para que realmente funcione precisa da execución do CRON con certa periodicidadeCaracterísticas do módulo Estatísticas
- Rexistros: mostra estatísticas sobre cantas veces accedeuse e que contido do seu sitio serviuse.
- Referentes principais: dille desde onde chegaron os visitantes (URL de referencia).
- Páxinas principais ou máis vistas: mostra o máis visitado, cal é o contido máis popular do sitio.
- Usuarios principais (máximos visitantes ou visitantes mais activos): mostra os usuarios máis activos do sitio.
- Accesos recentes: amosa información sobre a actividade máis recente do sitio
- Contador de nodos: mostra o número de veces que se accedeu a cada nodo na sección da ligazón do nodo que hai xunto a nº comentarios.
- O bloque de contido popular: crea un bloque que pode amosar o contido máis visitado do día, de sempre e o último contido que se visitou.