Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
5.0 Módulo SWF Tools
Este módulo foi seleccionado para poder facer unha integración do vídeo en streaming dentro das páxinas de contido elaboradas.
Unha vez que teñamos este módulo instalado no noso Drupal, abondará con adxuntar ao contido un ficheiro de vídeo en formato FLV (Flash Vídeo). Unha vez publicado o contido xa aparecerá de forma automática o reprodutor para poder visionar o vídeo desde a web.
Se ao contido adxuntamos varios vídeos, poderemos velos no mesmo reprodutor. Tan só é necesario premer sobre a frecha de avance ou retroceso para ir navegando polos vídeos que se xunten.

Para obter máis información sobre a descarga de vídeos en formato FLV e conversión de outros formatos de vídeo (AVI, MPG...) a FLV, visitar os materiais complementarios desta sección.
Problemas comúns
Aínda que este módulo foi seleccionado e integrado no proxecto de Webs dinámicas para empregarse no caso dos vídeos, tamén permite a reprodución tanto de audio como de imaxes.
Audio
O problema que presenta este módulo para ofrecer os arquivos de audio é que o reprodutor de audio tamén presenta unha xanela para amosar o vídeo.
Como neste caso non hai vídeo o que aparece é unha imaxe do logo de "drupal.org".
Esta imaxe non se pode cambiar a non ser que se acceda a través de FTP e se realice o cambio directamente na carpeta do módulo (actualmente non se pode acceder por FTP). Pero desde a administración do modulo non existe a posibilidade de facer personalización algunha. Por este motivo ,resulta un módulo pouco atractivo e funcional para a reprodución de audio.
En calquera caso, indicar que o formato de audio admitido por este módulo é unicamente o MP3. Outros tipos de formatos poderán ser adxuntados ao contido, como WAV, MIDI, pero non se van a reproducir mediante este módulo.

Imaxes
Para o emprego deste módulo con imaxes teremos que ter en conta a seguinte consideración:
Se temos o módulo configurado para que tamén afecte ás imaxes adxuntas, entón nun contido podemos adxuntar unha ou varias imaxes que se reproducirán no visor.
(Realmente non ten moito sentido adxuntar unha única imaxe, xa que para iso xa a publicamos directamente no corpo do contido. Pero si pode resultar interesante para poder publicar varias imaxes e poder velas todas elas no mesmo visor a medida que pulsamos a frecha de avance do reprodutor).

Activación do módulo SWF Tools
Dentro do paquete de SWF Tools ofrécense varios módulos que poden ser activados. A continuación podemos ver unha lista de todos eles así como cales serían os tres que deben de estar activados para un correcto funcionamento.
- 1 Pixel Out
- Flash Filter
- jquery.flash.js
- Quicktime
- SimpleViewer
- SWF Tools --> Activo
- SWF Tools Integration --> Activo
- SWFObject
- UFO
- Wijering Flash --> Activo