Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
4.5.3 Cómo usar Lightbox2
Podemos usar e aplicar as funcionalidades de Lightbox2 na nosa páxina de diferentes maneiras e con diferentes tipos de contidos que incorporen imaxes.Agora imos ver un exemplo do uso de Lightbox2 con imaxes insertadas nun contido tipo "páxina".
- Creamos un novo contido, tipo "páxina".
- Debaixo do campo "Corpo" pulsamos a opción "Disable rich-text"
- A continuación pulsamos o botón inferior "add images"
- Na nova ventá que nos aparece, pulsamos o botón "subir a new image",
- Introducimos un título e seleccionamos unha imaxe para subir.
- Despois de subir a imaxe, aparecerá un recadro de propiedades da imaxe onde deberemos seleccionar no desplegable "Link" a opción "Link to image page"
- Finalmente pulsaremos o botón "Insert" e publicaremos este novo contido tipo páxina na categoría que queiramos.
- Podemos ver o efecto que o módulo Lightbox2 produce sobre as imaxes, ao facer clic sobre a imaxe que acabamos de insertar.
Exemplo real de funcionamento Podes ver un exemplo real de funcionamento do módulo Lightbox2 no "Portal Educativo da Consellería de Educación", en concreto na sección "Os nosos centros" (barra lateral dereita do portal). Pulsa sobre a foto do centro educativo que se mostra en cada momento.