Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
4.5.1 Características do módulo Lightbox2
O módulo Lightbox2 é un script que permite superpoñer imaxes sobre os contidos da nosa páxina. Resulta moi sinxelo de instalar e configurar e funciona con tódolos navegadores actuais.
É dicir, este módulo permite mostrar imaxes por enriba da páxina actual, e non dentro dela, de forma temporal. O funcionamento é sinxelo: colocaremos unha imaxe en miniatura en calquera lugar da páxina de maneira que ao facer clic sobre ela, a imaxe móstrase en tamaño grande como unha imaxe flotante por enriba da páxina, superpoñéndose a calquera dos contidos que hai nela. Isto facilítanos moito o deseño da páxina, liberándonos das limitacións de espazo que establecen o resto dos contidos.
O módulo Lightbox2 incorpora, entre outras cousas, as seguintes funcionalidades:
- Conxuntos de imaxes: grupos de imaxes relacionadas e navegación entre elas con facilidade. Moi apropiado para as galerías de imaxes.
- Compatibilidade con contidos HTML.
- Soporte para contidos de video.
- Efectos visuais: animación da precarga de imaxes e animación do clic sobre a imaxe.
- Capacidades de zoom: as imaxes máis grandes redúcense de tamaño para que encaixen perfectamente dentro da ventá do navegador.
- Selección de deseños.
- Configuración da plantilla e da animación.
- Capacidade de exlusión de páxinas: capacidade de excluír a determinadas páxinas do noso sitio web do uso de Lightbox2.