4.3.1 Wysiwg - TinyMCE

Ruta: Configuración da páxina > Wysiwg

TinyMCE é o procesador de textos que nos permite editar un texto con distintos tipos de letra, cores, inserir imaxes, táboas.... Con el poderemos ver o que queremos conseguir (WYSIWYG).

Este editor poderemos habilitalo ou deshabilitalo e tamén conceder permisos ou retiralos para o seu uso (Ruta: Mantemento de usuarios > Control de Acceso > Permisos).

Existe un perfil de configuración da barra de edición de texto (TinyMCE) para cada un dos "formatos de entradas" creados: Filtered HTML, Php Code e Full HTML.

Para configurar o TinyMCE para cada un destes formatos de entrada debemos acceder á ruta: Configuración da páxina > Wysiwg > Operacions > editar.

tinymce
Una vez dentro da configuración de cada un dos formatos de entrada podemos atopar as seguintes configuracións. É imporante ter os tres formatos de entrada configurados:

Basic Setup (Configuración básica):
  • Enable by default (Habilitado por defecto): Ós usuarios que poidan crear contido no determinado perfil (filtered, php code ou full html) apareceralles a barra de edición de texto por defecto si esta casilla está activa.
  • Alow users to choose default (Permitir ós usuarios modificar si está activado por defecto): Permíteselle así ó usuario modificar as opcións por defecto na configuración da súa conta.
  • Show enable/disable rich text (Amosar o enlace "activar/desactivar texto enriquecido": Si esta opción está activa, debaixo da zona de edición de texto aparece un enlace que permite desactivar a barra de enriquecemento de texto. Útil cando atopamos problemas no código HTML e o único xeito de que nolo admita a páxina é introducindo código en bruto.
  • Linguaxe: Seleccionaremos a linguaxe na que se amosa o módulo.


basic setup

Buttons and plugins (Botóns e plugins):

  • Debemos ser coidadosos cos botóns que activamos xa que poden supoñer unha complicación importante ós usuarios que crean contido. Cantos menos botóns activemos máis sinxelo será o proceso e lograremos unha mellor dinamización da páxina no centro. Dende o Proxecto recomendamos activar os seguintes:

botóns


Editor apperarance (Apariencia do editor):
  • Toolbar location (Localización da barra): Selecionamos neste despregable onde queremos que se amose a barra de edición.
  • Button alignment (Aliñación dos botóns) : Corresponde coa barra de estado do navegador. Durante o proceso de creación do contido indícanos en que parte do código se atopa o cursor.
  • Path location (Ubicación da ruta): Correspondería á barra de estado nun navegador. Amósanos no momento da creación de contido en que parte do código temos situado o cursor.
  • Enable resizing button: Permite ó usuario, a través dun botón situado normalmente na esquina inferior dereita, modificar o tamaño da ventá de edición do texto.

editor

Cleanup and output:
cleanup

Todas estas ferramentas convértense nunha arma de dobre fío á hora de configurar a páxina para que os usuarios publiquen contido. Si se decide modificar as opcións que veñen configuradas por defecto debe de ser con coñecemento de causa xa que podémonos atopar con un comportamento do contido que non somos capaces de identificar de onde provén.
  • Verify HTML (Verificar HTML): Verifica o código e elimina etiquetas que interpreta maliciosas.
  • Preformatado: Xera un preformateado automático dos parágrafos que non sempre é o que máis nos interesa.
  • Convert <font> tags to styles (Converter etiquetas <font> a estilos): Fusiona os estilos que indicamos no código cos da CSS da plantilla que estamos a utilizar.
  • Remove linebreaks (Eliminar saltos de liña): Elimina a maioría dos saltos de liña simples.
  • Apply source formatting (aplicar formato de orixe): Si está activo o editor volve a formatear o código fonte HTML. Pode xerar conflicto cos formatos de entrada.
  • Force cleanup on standard past (forzar limpeza do código ó pegar): Ó utilizar as función de pegar (Crtl + V) foraza a limpeza do código.

CSS:

  • Como administradores da páxina web dun centro non é necesario modificar parámetros nesta ventá. Recomendamos utilizar a CSS por defecto do editor, tal e como se amosa na páxina.

css