4.1.12 Imprimir páxinas

Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Imprimir páxinas

Permite configurar a versión para imprimir dos diferentes contidos da web, así como o seu envío por correo electrónico

Configuración da páxina web: configura a ubicación do enlace á versión para impresión. O enlace sitúase por norma xeral, debaixo do contido. Se selecciona na esquina do contido, colocarase na esquina superior dereita.

Configuración da páxina web

Opcións avanzadas do enlace: estilo do enlace, Visibilidade do linK, clase do vínculo

Opcións avanzadas

Configuración para enviar a páxina por correo electrónico: situación do enlace na páxina e opcións avanzadas

Opcións para enviar a páxina web por correo electrónico

Configuración dos axustes comúns: Url de estilo (CSS), opcións do logo,opcións do pé, url de orixe.

Opcións de axustes comúns