Límites para o envío de ficheiros a Moodle

Sitio: Aula Aberta Webs Dinámicas
Curso: Documentación das aulas virtuais (Moodle 3.x)
Libro: Límites para o envío de ficheiros a Moodle
Impreso por: Usuario convidado
Data: domingo, 17 de novembro de 2024, 3:55 PM

Descrición

Límites que Moodle establece para o tamaño dos ficheiros que se suben a aula virtual e donde se configuran.

Límites para o envío de ficheiros

Moodle establece os seguintes límites ao tamaño dos ficheiros que se poden subir a aula virtual. Estes límites afectan a tódolos usuarios independentemente do rol que teñan.

  • Límite global da aula virtual. Este límite non se poderá superar en toda a aula virtual. Configúrase en Administración do sitio > Seguridade > Axustes de seguridade do sitio: Tamaño máximo do ficheiro enviado (maxbytes). Poderemos establecer como máximo o valor límite establecido na configuración PHP dos servidores que actualmente é de 800 MBytes.
  • Límite predeterminado para novos cursos. É o límite que se establece como predeterminado para cando se crea un novo curso. Configúrase en Administración do sitio > Cursos > Axustes predeterminados do curso: Tamaño máximo do envío (moodlecourse | maxbytes). Este valor estará limitado polo límite global da aula virtual.
  • Límite de curso. Para cada curso concreto pódese establecer un límite particular que nunca superará o límite global da aula virtual. Confígurase no formulario Editar os axustes de cada curso. Este límite afectará a todos os ficheiros que se suban ao curso e tamén aos que se envíen ás actividades de tipo tarefa dentro dese curso.
  • Límite xeral aos envíos de tarefas. O módulo de Tarefa a partir de  Moodle 2.3 permite establecer un límite xeral que se aplica a tódalas actividades de tipo Tarefa e que limita o tamaño dos ficheiros que se poden enviar a calquera tarefa. Este límite configurase en Admministración do sitio > Engadidos > Módulos de actividade > Tarefa > Engadidos de entregas > Entregas de ficheiros: Tamaño máximo da entrega (assignsubmission_file | maxbytes). O valor máximo configurable aquí será o límite global da aula virtual. O valor por defecto é de 1MByte, valor que normalmente deberemos aumentar.
  • Límite aos envíos de cada tarefa. Para cada actividade de tipo tarefa pódese establecer un límite particular na configuración da propia tarefa. O valor máximo configurable estará limitado polo menor entre o límite xeral aos envíos de tarefas, e o límite do curso particular.
  • Límite predeterminado aos adxuntos nos foros. É o límite predeterminado por defecto para os ficheiros adxuntos cando se crea un novo foro. Configúrase en Administración do sitio > Engadidos > Módulos de actividade > Foro: Tamaño máximo do anexo (forum_maxbytes).  O valor máximo configurable aquí será o límite global da aula virtual.
  • Límite aos anexos de cada foro. Para cada actividade de tipo foro podemos establecer un límite ao tamaño dos ficheiros anexos. Este valor será sempre menor que o límite do curso.
  • Límite predeterminado aos envíos aos obradoiros. É o límite predeterminado por defecto para os envíos de ficheiros cando se crea unha nova actividade de tipo Obradoiro. Confígurase en Administración do sitio > Engadidos > Módulos de actividade > Obradoiro: Tamaño máximo do anexo na entrega (workshop | maxbytes).  O valor máximo configurable aquí será o límite global da aula virtual.
  • Límite aos envíos de cada obradoiro. Para cada actividade de tipo obradoiro podemos establecer un límite distinto ao tamaño dos ficheiros anexos. Este valor será sempre menor que o límite do curso.

Podemos ver de xeito gráfico as relacións entre estes límites na seguinte imaxe:

Límites ao envío de ficheiros en Moodle 2