Configuración da aula virtual para Moodle Mobile
Site: | Aula Aberta Webs Dinámicas |
Course: | Moodle 2.6 - Documentación para o administrador |
Book: | Configuración da aula virtual para Moodle Mobile |
Printed by: | Guest user |
Date: | Thursday, 21 November 2024, 8:42 PM |
Description
Configuración da aula virtual para o uso da aplicación Moodle Mobile.
1. Que é Moodle Mobile?
Que é Moodle Mobile? Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS, e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows. Esta app únicamente funcionará cos sitios Moodle (Aulas Virtuais) que estean previamente configurados para permitilo. A configuración necesaria debe ser realizada polo/s administrador/es de cada "Aula Virtual (Moodle). Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:
No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic. Aínda que na documentación faise referencia á app Moodle Mobile, no noso caso estaremos falando sempre da app Moodle Classic. Cando se elaborou esta documentación só existía á primeira e cando actualicemos a nosa versión de Moodle voltaremos a utilizala, así que decidimos manter a documentación como está. Vídeo oficial de presentación de Moodle Mobile 3.1 |
2. Que podo facer con Moodle Mobile?
Que podo facer con Moodle Mobile? A app Moodle Mobile permite aos usuarios (profesores e alumnos) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual. Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable. Moodle Mobile ofrece, entre outras, as seguintes funcionalidades: Xestionar ficheiros
Traballar no curso
Interactuar cos demáis usuarios
Recibir información
|
3. Como configurar a Aula Virtual
Para que a app Moodle Mobile poida conectar coa Aula Virtual do centro educativo, é necesario realizar algunhas configuracións que unicamente pode realizar un administrador da propia aula virtual. As configuracións necesarias resúmense nos seguintes 4 pasos. PASO 1
PASO 2
PASO 3
PASO 4
|
||||||||||||
4. Acceso a Moodle Mobile cun usuario administrador do sitio
Error. Non ten permisos para crear a credencial de servizo web para o servizo local_mobile. "Error. No permission to create web service token for the service local_mobile" Ao intentar empregar Moodle Mobile cun usuario "administrador" da aula virtual aparece a seguinte mensaxe: "Error. Non ten permisos para crear a credencial de servizo web para o servizo local_mobile"
Este erro é debido a que a creación automática de "token" (credencial) para este tipo de servizos está deshabilitada para usuarios administradores nas versións de Moodle 2.x. (A versión actual instalada no proxecto Webs Dinámicas é 2.6.11). Para o resto de usuarios con perfil diferente (non administradores do sitio) non se produce esta situación. Para solucionar este inconveniente será preciso crear o "token" de xeito manual para cada usuario "administrador do sitio" que queira usar "Moodle Mobile". Os pasos son os seguintes:
NOTA: Este problema xa está corrixido nas versións de Moodle 3.x. |