Websdinámicas: Drupal administradores

2.8 Control de acceso

Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Control de acceso.

Os permisos de Control de acceso permítenlle controlar que é o que poden facer os usuarios no seu sitio con respecto aos módulos. Cada rol de usuario ten o seu propio conxunto de permisos. Por exemplo, pódese dar aos usuarios clasificados como "Administradores" o permiso para "administrar nodos" e negalo aos usuarios ordinarios, os usuarios "autenticados". Os permisos tamén permiten compartir cos usuarios de confianza a carga de administración que supón un sitio con moito uso.

Dende o menú dos roles, indo a “editar permisos”, aparece o mesmo formulario de permisos, pero só coa columna do rol seleccionado. Se imos por esta ruta de Control de acceso, aparecen tódolos roles simultaneamente.

Cando creamos un novo rol, na imaxe temos por exemplo o de secretaria, podemos ver que tódolos permisos están desactivados.

Polo tanto, despois de crear un rol, debemos activar aqueles permisos que nos interesen para ese rol senón os usuarios que teñen ese rol non poden facer nada (con excepción, como dixemos anteriormente, dos permisos que estiveran dados ao rol usuario autenticado pois, como vimos, todos os usuarios que pertenzan a un rol creado tamén serán usuarios autenticados por ter conta no sistema).

control de acceso

Importante: un dos permisos máis básicos e universal, que deben ter activado todos os roles, é o que se atopa dentro do módulo node (node módulo), etiquetado como acceder ó contido, xa que se este permiso non está activado non se vai poder ver ningún contido dos publicados na web.

control de acceso

Tamén é importante ter controlados os permisos dos “usuarios autenticados”, xa que como vimos dicindo, calquera persoa, polo simple feito de identificarse no sistema xa pode ter permisos de escritura, e se repasamos o visto nas formas de acceso ao sistema, podíamos ter activada a opción de nova conta por correo electrónico.

En resume, ou non permitimos que os usuarios se dean de alta eles mesmos, ou os permisos dos usuarios autenticados deben ser os mínimos. Se deixamos simultaneamente as dúas cousas, estamos permitindo que calquera escriba contidos na nosa web, que non é unha web persoal dun usuario, senón que é a web dun centro educativo.

No seguinte exemplo podemos ver que os usuarios autenticados poden crear páxinas e historias, razón suficiente para non deixar que os usuarios se dean de alta eles mesmos.

control de acceso


2.8.1 Módulos máis importantes instalados en Webs Dinámicas



aggregator módulo

Agrega o contido distribuído (orixes RSS, DDF e Atom)

audio módulo

Permite cargar e reproducir arquivos de audio

autologout módulo

Define o tempo que tarda un usuario en desconectarse se non está activo

basicevent módulo

Un tipo de contido parecido a historia, pero que implementa os eventos no calendario, etc

block módulo

Controla as “caixas” que se amosan arredor do contido principal

blog módulo

Permite un mantemento e unha actualización sinxela das páxinas web ou dos blogues do usuario

book módulo

Permite aos usuarios escribir libros, páxinas de libro, etc. en colaboración

comment módulo

Permite comentar e debater os contidos publicados

duplicate_role módulo

Permite duplicar un rol cos seus permisos

feedback módulo

Módulo de envío de correo ao administrador, por exemplo de suxerencias

filter módulo

Xestiona o filtrado do contido para preparalo para ser amosado

image módulo

Permite aos usuarios subir, redimensionar e visualizar imaxes

imce módulo

Módulo para subir e visualizar imaxes e arquivos integrado no editor de contido

img_assist módulo

Permite aos usuarios subir e inserir imaxes no contido

locale módulo

Activa a tradución da interface de usuario a linguas distintas do Inglés

menu módulo

Permite a administradores personalizar o menú de navegación do sitio

node módulo

Permite o envío de contido ó sitio web, e que este sexa amosado en páxinas

notify módulo

Permite a notificación de novo contido por correo electrónico

print módulo

Permite configurar a versión para imprimir dos diferentes contidos, así como o acceso á devandita función

scheduler módulo

Permite que os contidos sexa publicados ou ocultados en determinadas datas

search módulo

Módulo de busca de palabras por todo o sitio

site_map módulo

Módulo que permite mostrar o mapa do sitio

swftools módulo

Ferramentas de flash, vídeo, etc.

system módulo

Xestiona as opcións xerais de configuración para os administradores

taxonomy módulo

Activa a clasificación de contidos

upload módulo

Permite que os usuarios carguen e adxunten ficheiros ao contido

user módulo

Xestiona o sistema de alta e inicio de sesión de usuarios

views módulo

Crea vistas personalizadas do contido

webform módulo

Permite a creación de formularios e cuestionarios

wysiwyg módulo

Permite aos usuarios a edición dos contidos por medio dun editor avanzado