Websdinámicas: Drupal administradores
Introdución
Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS: Content Management System) co que dun xeito sinxelo, cómodo e en liña se pode manter un espacio web dinámico.
Este sistema foi o adoptado dentro do proxecto Webs dinámicas desarrollado e posto en marcha polos Asesores Siega (asesores de zona da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Esta aplicación permite o traballo colaborativo de distintos roles de usuarios para que, dun xeito uniforme, creen, xestionen, publiquen e actualicen contidos. na web.
Crear contidos e tan sinxelo como encher formularios que o usuario pode publicar en diferentes menús (sección da web) simplemente seleccionando as opcións de saída dispoñibles.
Usar Drupal non implica coñecemento de código de programación web como HTML, PHP, etc. nin tampouco empregar programas de FTP (File Transfer Protocol) ou instalación de ferramenta algunha no ordenador do usuario, xa que tan só será necesario empregar un navegador web.
Os centros participantes no proxecto reciben acceso á aplicación completamente instalada e configurada, cun menú orientativo que cada centro poderá adaptar as súas necesidades.
Os asesores de zona darán apoio técnico aos centros participantes.
Dentro do proxecto optamos por facer menús mediante taxonomías e termos así como empregar determinados módulos que permiten un control fiable dos usuarios e os seus contidos. Os centros participantes no proxecto poderán propoñer novos módulos para á aplicación pero so serán instalados cando estean sobradamente probados e sexan de interés xeral.
O material dispoñible para o presente curso está pensado para os usuarios que desexen publicar contidos na web do centro educativo. Esta publicación vai estar condicionada pola configuración particular que o equipo de administradores do centro realicen sobre os seus usuarios.
Un saúdo.
_____________________
Proxecto: Webs dinámicas