Círculos: Grupos de alumnado e matriculación

3. Asignación de usuarios a Círculos

Un vez creado un círculo para un grupo de alumnado do centro, o que temos que facer e meter nese círculo ao alumnado correspondente. Temos dous xeitos de facelo:

  • Manualmente selecionando os usuarios dunha lista
  • Mediante a carga dun ficheiro con datos de usuarios

Asignación manual de usuarios.

Debemos acceder ao formulario de administración no que estea o círculo (contexto do sistema ou unha categoría de cursos), e ahí pincharemos no botón de asignar usuarios (Asignar usuarios), o que nos levará ao seguinte formulario:

Asignar usuarios a un círculo

Figura 4: Asignación manual de usuarios a un círculo.

Na lista á esquerda deste formulario temos os usuarios que xa están no círculo e na lista da dereita o resto de usuarios da aula virtual. Selecionaremos o usuario ou usuarios que queremos engadir ou quitar do círculo na lista correspondente e cos botóns Engadir e Eliminar levaremos a cabo a operación desexada.

Debemos fixarnos na mensaxe de advertencia que aparade ao principio, que ven a dicir que se quitamos un usuario (alumnos/a) do círculo e este círculo está sincronizado coa matriculación nalgún curso, o usuario será desmatriculado deses cursos perdéndose toda a información relativa á participación do usuario no curso (entrega de tarefas, participación en foros, cualificacións, etc).

Este sistema pode resultar moi tedioso para atopar e asignar os usuarios dun grupo. Un truco que pode axudar moito é facer que os usuarios (alumnos e alumnas) incluan no seu nome de pila ou apelido un nemotécnico do grupo ao que pertencen.

Asignación mediante a carga dun ficheiro con datos de usuarios

Outra solución é utilizar a función de Moodle para a carga masiva de usuarios. Se no ficheiro de datos de usuarios engadimos a columna cohort1 e nela poñemos para cada usuario o identificador do círculo (campo ID) no que o queremos meter, Moodle fará esta asignación cando carguemos ese ficheiro para dar de alta aos usuarios ou cando o carguemos para actualizalos. Se os usuarios xa existen sería suficiente un ficheiro co par de columnas: username, cohort1. Na seguinte imaxe vemos un exemplo.

Datos para asignar usarios a círculos

Figura 5: Ficheiro CSV para asignar usuarios aos círculos.

Ademais, na configuración do formulario de carga debemos seleccionar:

  • Upload type = Update existing users only (se os usuarios xa existen)