Copias de seguridade de cursos

Introducción

Moodle 2.6 ofrece un sistema de realización de copias de seguridade dos cursos e de restauración das mesmas cos seguintes obxectivos:

  • Servir para a recuperación de cursos completos ou de parte deles en caso de pérdida accidental.
  • Servir como sistema para trasladar cursos entre distintas aulas virtuais. Esto é moi importante porque un profesor/a que cambia de centro pode levar consigo unha copia dos seus cursos e restauralos na aula virtual do novo centro.
  • Servir como un xeito de transferir recursos entre cursos distintos, xa sean da mesma ou de distintas aulas virtuais.
  • Servir coma un xeito de vaciar o curso do traballo feito durante un periodo lectivo para comenzar de novo no seguinte periodo lectivo.

Ficheiros de copia de seguridade

Os ficheiros de copia de seguridade de Moodle 2.x teñen un formato comprimido baseado en ZIP e con extensión MBZ. As copias de seguridade fanse sempre a nivel de curso da aula virtual, esto quere dicir que non podemos facer unha copia que conteña varios cursos. Cada copia de seguridade que se fai dun curso concreto almacénase nun espazo especial para tal fin do propio do curso.

Cando facemos unha copia de seguridade dun curso Moodle dalle por defecto ao ficheiro un nome co seguinte formato:

copia_de_seguranza-moodle2-course-ID-NOMECURTO-DDMMAAA-HHMM.mbz

Donde:

  • ID é o número identificador do curso, que podemos ver la URL do navegador cando estamos dentro do curso (p.e. a URL https://www.edu.xunta.gal/centros/curso203/aulavirtual2/course/view.php?id=14 á a do curso con ID=14)
  • NOMECURTO é o nome curto do curso
  • DDMMAAAA son o día, mes (en número) e ano actuais
  • HHMM son a hora e minuto actuais

Pero no proceso de configuración da copia de seguridade poderemos modificar ese nome ao noso gusto.

Para que unha copia de seguridade poda cumplir co seu obxectivo principal de servir para a recuperación dun curso eliminado de xeito accidental, é fundamental que o usuario responsable do curso descargue esa copia de seguridade, nada más facela no seu ordenador, xa que o borrado accidental dun curso implica o borrado tamén das copias de seguridade que quedaran almacenadas no servidor.

Que inclue a copia de seguridade dun curso e quen pode incluilo

A copia de seguridade dun curso inclúe aqueles elementos pertencentes ao mesmo ou relacionados con él que o usuario decida incluir, e dicir, Moodle ofrece unha serie de opcións para decidir que cousas incluimos nunha copia de seguridade. Pero non calquera usuario do curso pode incluir todos os elementos.

Vemos cales son estes elementos e quen pode incluilos:

  • Os Profesores/as do curso poden incluir estes elementos:
    • Os recursos e actividades pertencentes ao curso. Poderemos elexir que recursos e actividades incluimos na copia.
    • Os bloques do curso.
    • Os filtros do curso.
    • O banco de preguntas.
  • Os administradores da aula virtual e os xestores do curso poden incluir ademáis:
    • Os usuarios matriculados. Esto inclue os datos do perfil dos usuarios participantes no curso e os datos relativos á súa participación como son as entradas nos foros, os envíos de tarefas, as cualificacións, etc. *
    • As asignaciones de rol a usuarios.
    • Os comentarios.
    • As distincións.
    • As actividades do calendario.
    • Os detalles do grado de avance dos usuarios.
    • O historial de cualificacións.
    • Os rexistros do curso.
    • e poden Anonimizar a información dos usuarios. Con esta opción Moodle cambia o nome de pila, o apelido e o correo electrónico dos usuarios do curso con valores que nada teñen que ver cos reais.

* Para que o profesor/a dun curso poda incluir os datos do alumnado con todo o relativo á sua participación no mesmo (entradas de foros, tarefas, probas, cualificacións, etc.) é necesario que un administrador edite o rol Profesor e active o permiso "Copia de seguranza dos datos de usuario" (moodle/backup:userinfo).

Moodle impide esto por defecto para para evitar riscos relativos á custodia e seguridade deses datos protexidos polas leys de protección de datos de caracter persoal e tamén para que os datos persoais do alumnado podan acabar sendo dados de alta en aulas coas que non teñen nada que ver.